Melvin Anderson Ely, nado o 2 de maio de 1978 en Harvey, Illinois, é un ex xogador profesional e actual adestrador estadounidense de baloncesto que é adestrador asistente dos Canton Charge da NBA G League. Con 2,08 metros de altura xogaba de pivote e de ala-pivote.

Carreira Universidade Baixo o mando do adestrador Jerry Tarnakian nos Fresno State Bulldogs, Ely liderou ó equipo a dúas aparicións no torneo da NCAA, no 2000 e no 2001. Ademais gañou premio ó Xogador do Ano da WAC en dúas tempadas consecutivas, 2001 e 2002.

NBA Ely foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2002 polos Los Angeles Clippers. Tras dúas tempadas nos Ánxeles cun tempo de xogo limitado, Ely foi traspasado xunto ó seu compañeiro Eddie House o 14 de xullo de 2004 ós Charlotte Bobcats, a cambio de dúas eleccións de segunda rolda do Draft de 2005 o 2006. O 2 de outubro de 2006, rexeitou ofertas dos Golden State Warriors e dos Phoenix Suns para quedar nos Bobcats e asinar un contrato dun ano e 3 millóns de dólares.ESPN - Ely signs one-year, $3 million offer with Bobcats - NBA

O 13 de febreiro de 2007, foi traspasado ós San Antonio Spurs a cambio de Eric Williams e unha elección de segunda rolda do Draft de 2009. Xogou tan só 6 partidos cos Spurs, facendo 3.2 puntos e 2.3 rebotes por encontro. Gañou o anel de campión cos Spurs pese a non xogar ningún minuto nos Playoffs.

Na postempada de 2007, Ely asinou cos New Orleans Hornets un contrato de dous anos.Report: Hornets sign free agent Ely to contract, September 13, 2007Hornets hoping Ely can deliver on potential, add depth, 13 de setembro de 2007

En 2012, Ely asinou cos Brujos de Guayama de Porto Rico.Melvin Ely joins Brujos de Guayama

O 27 de outubro de 2012, Ely asinou cos Dallas Mavericks.http://www.spotrac.com/nba/dallas-mavericks/melvin-ely/ Ó seguinte día, foi cortado, e posteriormente asinou cos Texas Legends da NBA D-League.

En setembro de 2013, Ely fichou polos Memphis Grizzlies.Grizzlies Sign Byars, Ely, Gaffney

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Harvey, Illinois Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Brujos de Guayama Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans