miniatura|Overclocking nos parámetros da BIOS dun AMD Athlon XP nunha ABIT NF7-S. A frecuencia FSB (reloxio externo) incrementouse de 133 MHz a 148 MHz, e multiplicador do reloxio interno cambiouse de 13.5 to 16.5. O overclocking é unha práctica que pretende alcanzar unha maior velocidade de reloxo para un compoñente electrónico (por enriba das especificacións do fabricante). A idea é conseguir un rendemento máis alto gratuitamente, ou superar as cotas actuais de rendemento, aínda que isto poida supoñer unha perda de estabilidade ou acurtar a vida útil do compoñente. Overclock' é un anglicismo de uso habitual en informática que literalmente significa 'sobre o reloxo' ' é dicir, aumentar a frecuencia de reloxo da unidade central de procesamento.

Esta práctica está moi estendida entre os usuarios de informática máis esixentes, que tratan de levar ao máximo o rendemento das súas máquinas. Algúns usuarios adoitan comprar compoñentes informáticos de baixo custo, forzándoos posteriormente e alcanzando así o rendemento esperado dos compoñentes de gama máis alta. Por outro lado, os consumidores máis fanáticos poden chegar a adquirir compoñentes de última fornada para forzar o seu funcionamento, e conseguir así probas de rendemento inalcanzables para calquera equipo de consumo. Por este motivo, a maioría dos fabricantes decide non incluír na garantía do seu hardware os danos producidos por facerlles 'overclocking'.

Hoxe en día os fabricantes de hardware venden algúns dos seus produtos desbloqueados para permitir aos usuarios realizar 'overclock' sobre os mesmos;Guía de Overclocking presentada por nVidia é o caso de, por exemplo, GPU, CPU etc.

Desvantaxes Ao incrementar a velocidade de traballo do reloxo tamén increméntase o consumo de corrente e a calor producida pode afectar a outros compoñentes.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Segunda Convención Nacional de OC: Overclocking Extremo por Imperio Gamer

Categoría:Informática