José Romero Carreira, nado en Solbeira (Paderne de Allariz) en 1917 e finado en Madrid o 16 de marzo de 1992, foi un aviador militar e intérprete galego. Traxectoria Dirixente de UGT en Ourense. Na guerra civil española alistouse no Partido Comunista e foi comisario político do V Rexemento. Foi enviado polo goberno da República á URSS a formarse como piloto de aviación, e combateu contra os alemáns na segunda guerra mundial. Estivo interno nun campo de concentración da URSS, e en 1952 foi xulgado por sumarse a unha folga de fame. Foi liberado en 1954, e embarcou no buque Semiramis dende o porto de Odesa xunto a membros da División Azul.

Regresou a Galicia e marchou vivir a Madrid onde se fixo intérprete nunha axencia de viaxes. Logo foi funcionario do Instituto Nacional de Previsión. Finou en Madrid o 16 de marzo de 1992.Necrolóxica en ABC, 22-3-1992, p. 111.

Vida persoal

Casou con Pilar e foi pai de María Pilar Romero.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Militares de Galicia

Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Nados en Paderne de Allariz Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes