O rorcual boreal,Pérez Alberti, A. dir. (1982), p. 210. Balaenoptera borealis Lesson, 1828, é unha especie de mamífero mariño da orde dos cetáceos, suborde dos misticetos e familia dos balenoptéridos.
Despois de ser cazado a grande escala nos mares do sur a mediados do século XX, época na que se mataron uns 200 000 exemplares, o rorcual boreal é hoxe unha especie protexida internacionalmente.
Taxonomía e nomenclatura A primeira descrición desta especie débese a René Primevère Lesson, en 1828, en Histoire naturelle générale et particulière des Mammifères et des Oiseaux découverts depuis 1788 jusqu'à nos jours. París: Baudoin Frères, 1: 342.Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World.
Pero fora recoñecida pouco antes (1822) por Karl Asmund Rudolphi, como Balaena rostrata, de maneira que nos países anglosaxóns este catáceo se denomina ás veces como Rudolphi's rorqual,W. A. Watkins e W. E. Schevill (1979): "Aerial observations of feeding behavior in four baleen whales: Eubalaena glacialis, Balaenoptera borealis, Megaptera novaeangliae, and Balaenoptera physalus", J. of Mammalogy 60: 155–163 Ver en liña. e nos países francófonos como rorqual de Rudolphi.Balaenoptera borealis en Muséum national d'Histoire naturelle.
Sinónimos Ademais de polo nome que lle deu Lesson, e actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:Balaenoptera borealis Lesson, 1828 no WoRMS. Balaena rostrata Rudolphi, 1822 Balaenoptera alba Giglioli, 1870 Balaenoptera arctica Temminck, 1841 Balaenoptera iwasi Gray, 1846 Balaenoptera laticeps Gray, 1846 Balaenoptera schlegelii Van Beneden & Gervais, 1880 Balaenoptera schlegellii Dabbene, 1902 Belaenoptera schlegeli Lahille, 1899 Pterobalaena alba Giglioli, 1874 Pterobalaena schlegeli Tomilin, 1957 Pterobalaena schlegeli alba Tomilin, 1957 Sibbaldius schlegelii Gray, 1864
Subespecies Identificáronse dúas subespecies:
Balaenoptera borealis borealis Tomilin, 1946, no hemisferio norte.Balaenoptera borealis borealis Tomilin, 1946 no WoRMS. Balaenoptera borealis schleglii Tomilin, 1946, no hemisferio sur.Balaenoptera borealis schlegelii Tomilin, 1946 no WoRMS.
As análises xenéticas poden aínda causar que ambas as subespecies sexan reclasificadas como especies diferentes.
O nome rorcual sei Na bibliografía en varios idiomas, incluídos o castelán e o portugués, a especie adoita denominarse, ademais de por outros nomes, como rorcual sei (castelán) ou baleia-sei (portugués), que son adaptacións do seu nome inglés, sei whale, que provén do noruegués seikval ou seihval: Sei significa nos idiomas escandinavos "abadexo", peixe similar ao bacallau, e val, ou hval, "balea". Os rorcuais boreais aliméntanse de bacallaus xuvenís, entre outras especies de pequenos peixes e de cefalópodos, nas augas de Noruega, polo que estes peixes e as baleas frecuentemente eran vistos xuntos, dando ao rorcual ese nome.
Outros nomes galegos miniatura|230px|Representación dun rorcual boreal nun selo de correos das illas Feroe. miniatura|230px|Esqueleto de Baleonoptera borealis no salón central do Museo Nacional de Historia Natural de Chile, un dos símbolos desta institución.
Na bibliografía dispoñíbel, ademais do nome inicialmente proposto pola Sociedade Galega de Historia Natural, na súa provisoria Lista patrón dos vertebrados de Galicia publicada no Tomo I, O Medio, da inacabada Xeografía de Galicia dirixida por Pérez Alberti, que é o adoptado aquí, esta especie aparece denominada con outros dous nomes galegos ben diferentes:
rorcual de pintas, en Lahuerta e Vázquez,Lahuerta e Vázquez (2000), p. 309. e balea de pintas, en Díaz d'a Silva e Cartelle.Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), pp. 130-131.
Diferentes non polos nomes rorcual e balea, que se poden considerar como sinónimos válidos, senón polo común "apelido" de pintas, que se afasta dos normalmente empregados na bibliografía internacional na que, ademais de ser coñecido como rorcual sei (ou equivalentes) prefírese a adaptación do nome científico específico, borealis,Nomes vulgares desta especie nalgúns idiomas próximos ao galego: catalán: rorqual boreal francés: rorqual boréal italiano: balenottera boreale portugués: baleia-boreal (tamén baleia-sei, baleia-glacial e baleia-sardinheira). como no seu día fixera a SGHN.
Distribución Habitante da todos os océanos do planeta, especialmente en mar aberto e en zonas de augas profundas,R. Gambell (1985): "Sei Whale Balaenoptera borealis Lesson, 1828". En S. H. Ridgway e R. Harrison, eds.: Handbook of Marine Mammals, volume 1The Sirenians and Baleen Whales. London: Academic Press. ISBN 0-12-588503-2. evita as augas polares e tropicais, así como os mares intracontinentais, semipechados. Efectúa unha migración anual desde os mares subpolares fríos en verán, cara aos mares subtropicais temperados en inverno, e viceversa, aínda que non se coñecen de forma precisa as súas rutas migratorias na maior parte das rexións do globo.
Características O rorcual boreal é, despois da balea azul e do rorcual común, o terceiro balenoptérido máis grande do mundo.S. L. Perry, D. P. DeMaster e G. K. Silber (1999): "The Great Whales: History and Status of Six Species Listed as Endangered Under the U.S". Endangered Species Act of 1973, Número especial. Marine Fisheries Review 61 (1): 52-58.. Estas baleas alcanzan unha lonxitude de 20 m e un peso de 45 t.<ref name="nmfs">R. Reeves, G. Silber e M. Payne (1998): Draft Recovery Plan for the Fin Whale Balaenoptera physalus and Sei Whale Balaenoptera borealis. National Marine Fisheries Service. Silver Spring, Maryland, USA Ler en liña .</ref>
Alimentación Un rorcual boreal inxire diariamente unha media de 900 kg de alimento, composto esencialmente por copépodos, krill e outras formas de zooplancto.
Comportamento Os rorcuais boreais están entre os cetáceos máis rápidos, cunha velocidade que pode superar os 50 km/h en distancias curtas.Balaenoptera borealis en Animal Diversity Web.
Ameazas: caza
A intensa caza industrial a que foi sometida a especie, especialmente entre finais do século XIX e a primeira metade do XX, case a fixo desaparecer; neses anos capturáronse uns 238 000 individuos.L. Horword (1897): The sei whale: population biology, ecology, and management. Kent, England: Croom Helm Ltd. ISBN 0-7099-4786-0.
Na actualidade, case ao bordo da extinción, o rorcual boreal é unha especie protexida internacionalmente.
Estado actual A UICN, en 2008, debido que a causa da drástica redución da poboación desta especie por mor da caza comercial é probabelmente irreversíbel, aínda tendo en conta que na actualidade xa non se practica a caza. Por esta razón, a especie foi avaliada como "EN" (en perigo).Reilly, S. B., Bannister, J. L., Best, P. B., Brown, M., Brownell Jr., R. L., Butterworth, D. S., Clapham, P. J., Cooke, J., Donovan, G. P., Urbán, J. & Zerbini, A. N. (2008): Balaenoptera glacialis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2016-1. Consultada o 29-07-2016.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3. Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-20-7. Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0811-5. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Lesson, René Primevère (1828): Histoire naturelle générale et particulière des Mammifères et des Oiseaux découverts depuis 1788 jusqu'à nos jours. París: Baudoin Frères. Ler facsímile en liña. Pérez Alberti, A. (dir.) (1982): Xeografía de Galicia. Tomo I. O medio. A Coruña: Edicións Sálvora. ISBN 84-85779-12-6. Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9 Schokkenbroek, Joost C. A. (2008): Trying-out: An Anatomy of Dutch Whaling and Sealing in the Nineteenth Century, 1815-1885. Amsterdam: Aksant Academic Publishers. ISBN 978-90-5260-283-7. Tönnesen, J. N. & Arne Odd Johnsen (1982): The history of modern Whaling. Londres: C. Hurst & Co. ISBN 978-0-905838-23-6; Canberra: Australian National University Press. ISBN 978-0-7081-0749-2; Berleley: University of California Press. ISBN 0-520-03973-4. Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference''. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Cetáceos Misticetos Balenoptéridos Caza de baleas Caza de baleas en Galicia
Ligazóns externas Balaenoptera borealis en ARKive.
Categoría:Balaenopteridae Categoría:Mamíferos de Galicia Categoría:Cetáceos do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1828