Helen Hayes Brown, nada en Washington, D.C. o 10 de outubro de 1900 e finada en Nyack, Nova York o 17 de marzo de 1993, foi unha actriz de cinema, teatro e televisión estadounidense.

Traxectoria Filla dunha aspirante a actriz, debutou no teatro con cinco anos, pero non marchou a Hollywood ata que o seu marido, o escritor Charles MacArthur, conseguiu un contrato na industria do cinema.

A súa primeira película sonora foi The Sin of Madelon Claudet, pola que gañou o oscar á mellor actriz. Tras este filme participou noutros éxitos, pero nunca chegou a ser unha actriz popular no cinema, e sempre preferiu o teatro. non volvendo a Hollywood ata os anos cincuenta. miniatura|160x160px|Helen Hayes nunha medalla da serie American Arts. En 1970 gañou o oscar á mellor actriz secundaria por Airport, participando tamén en películas da Disney.

Filmografía Ano Filme 1917 The Weavers of Life1928 The Dancing Town 1931 Arrowsmith 1931 The Sin of Madelon Claudet 1932 Adeus ás armas 1932 The Son-Daughter 1933 The White Sister 1933 Another Language 1933 Night Flight 1934 What Every Woman Knows 1935 Vanessa: Her Love Story 1943 Stage Door Canteen 1952 My Son John 1953 Main Street to Broadway 1956 Anastasia 1970 Airport 1974 Herbie Rides Again 1975 One of Our Dinosaurs is Missing 1977 Candleshoe

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial

Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Washington, D.C. Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Católica de América