As parénteses son signos ortográficos auxiliares dobres, formados por un signo de apertura e outro de peche.

Usos Utilízanse para encerrar incisos ou aclaracións e para incluír dentro do texto explicacións, como datas, autores de citas ou tradución de palabras ou textos estranxeiros. En textos teatrais indican apartes. En ocasións aparece só a paréntese de peche en enumeracións: a), b), c) ... En Matemáticas teñen moitos usos: indicar preferencia nas operacións, indicar a variable dunha función, representar unha matriz...

Véxase tamén Outros artigos Corchetes Antilambda

Bibliografía

Categoría:Puntuación Categoría:Símbolos Categoría:Símbolos matemáticos