Francisco de Asís Porto Rey, nado en Santiago de Compostela e finado na mesma cidade o 23 de outubro de 1937Necrolóxica en El Compostelano, 22-10-1941, p. 3., foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Durante os anos 1924 o 1928 foi concelleiro e tenente alcalde Santiago de Compostela, impulsando obras como a do aeroporto da Lavacolla dende o seu padroado do que foi membro fundador.

Na Segunda República foi presidente da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela entre os anos 1930 e 1937. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado deputado xestor da Deputación da Coruña en outubro de 1936, cargo que exerceu ata o seu falecemento.

Outros cargos

Vogal do Partido Social Popular en Galicia. Membro fundador do Padroado de Belas Artes de Santiago de Compostela no ano 1935; tivo relación con Ramón del Valle Inclán, Francisco Asorey e outros membros do círculo cultural compostelán da época. Vogal e posteriormente tesoureiro da Xunta Directiva da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Santiago de Compostela.

Notas

Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1937