Iniciativa pol Asturianu (en galego, Iniciativa polo asturiano) é un colectivo creado no ano 2011 que traballa pola normalización do idioma asturiano e polo recoñecemento dos dereitos lingüísticos dos seus falantes. O seu primeiro presidente é desde o seu primeiro congreso en 2012, Inaciu Galán.
O ámbito de actuación da organización é o territorio da comunidade autónoma de Asturias, aínda que colabora con outras organizacións do dominio lingüístico asturleonés nos lugares onde é lingua propia ademais de establecer contactos internacionais que supoñan un recoñecemento e apoio ao idioma.
Esta asociación, busca implantar o uso do asturiano en ámbitos novos a través de accións concretas que permitan chegar a acordos con entidades de todo tipo. Así, busca acordos, pero tamén fai uso de campañas reivindicativas nas situacións que considera necesario.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web de Iniciativa pol Asturianu
Categoría:Asociacións culturais Categoría:Lingua asturiana