Grupo Caamaño é unha empresa galega con sede no concello de Culleredo adicada ao sector da transformación do metal, carpintaría metálica e vidro para fachadas.
Historia A empresa ten as súas orixes nos anos 80, cando foi fundada por José Caamaño e Emilio Mahía. Comezou a traballar para Inditex e as súas marcas facendo instalacións en tendas e centros comerciais como contratista de GOA Invest. Actualmente a empresa ten unha superficie de 60.791 metros cadrados preto da N-550 e do Aeroporto de Alvedro e ten filiais en varios países, facturando máis de 200 millóns de euros ao ano.
En 2019 o grupo vasco Kider converteuse no accionista maioritario do grupo.
Empresas do grupo Co tempo a empresa foi expandindo o seu mercado e agora forman parte dela empresas adicadas a distintos sectores relacionados coa construción e non só traballando para Inditex, en total máis de 50 empresas. Caamaño sistemas metálicos Neograf Alvedro Sistemas y construcciones Alvedro Metales y muebles especiales Metalvedro Ventanales Caamaño Vidrios Caamaño Hydracorte Blanco Mayer Almacenes y espacios industriales Valmarcasa Caamaño Asia Caamaño Russia Caamaño CZ International
Notas
Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Culleredo Categoría:Inditex