Anna Magnani, nada en Roma o 7 de marzo de 1908 e finada na mesma cidade o 26 de setembro de 1973, foi unha actriz de cinema e de teatro italiana.

Traxectoria Estivo en colexios ata os catorce anos. Despois cantou en cabarés e clubs. En 1933, cando actuaba en obras teatrais experimentais, foi descuberta polo cineasta Goffredo Alessandrini.

O seu recoñecemento internacional chegou en 1945, con Roma, città aperta. A partir dese filme traballou cos principais directores italianos, como Luchino Visconti ou Pier Paolo Pasolini.

Participou tamén en varias películas estadounidenses. Pola primeira delas, The Rose Tattoo, gañou o oscar á mellor actriz, entre outros premios.

Finou de cancro aos 65 anos.

Filmografía Ano Filme 1934 La cieca di Sorrento1934 Tempo massimo 1935 Quei due 1936 Trenta secondi d’amore 1936 Cavalleria 1938 La principessa Tarakanova 1940 Una lampada alla finestra 1941 La fuggitiva 1941 Teresa Venerdì 1942 Finalmente soli 1943 L'avventura di Annabella 1943 La vita è bella 1943 Campo de' fiori 1943 Gli assi della risata 1943 L'ultima carrozzella 1944 Il fiore sotto gli occhi 1945 Quartetto pazzo 1945 Roma città aperta 1945 Abbasso la miseria! 1946 Un uomo ritorno 1946 Lo sconosciuto di San Marino 1946 Avanti a lui tremava tutta Roma 1946 Il bandito 1946 Abbasso la ricchezza! 1947 L'onorevole Angelina 1948 Assunta Spina 1948 Molti sogni per le strade 1948 O amor 1950 Vulcano 1951 Bellissima 1952 Camicie rosse 1953 Le carrosse d'or 1953 Siamo donne 1955 Carosello del varietà 1955 The Rose Tattoo 1957 Suor Letizia 1957 Wild Is the Wind 1959 Nella città l'inferno 1959 The Fugitive Kind 1960 Risate di gioia 1962 Mamma Roma 1963 Le magot de Josefa 1965 Made in Italy 1969 The secret of Santa Vittoria 1971 Tre donne 1972 Correva l'anno di grazia 1870 1972 Roma

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Actores de teatro de Italia Categoría:Nados en Roma Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Actores de cinema de Italia