O Gran Premio dos Países Baixos de 1975 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 22 de xuño de 1975 no circuíto de Zandvoort. Foi a oitava carreira da tempada de Fórmula Un de . Foi o 24º Gran Premio dos Países Baixos. Levouse a cabo sobre 75 voltas ao circuíto de catro quilómetros para un distancia de carreira de 318 quilómetros.
A carreira foi memorable e unha das maiores vitorias dun pequeno equipo de Fórmula Un. O piloto británico e futuro campión do mundo James Hunt gañou o seu primeiro Gran Premio de Fórmula Un, logrando para o pequeno equipo privado Hesketh Racing o punto culminante dos seus seis anos de historia coa súa primeira e única vitoria nun Gran Premio. Hunt pilotou o seu Hesketh 308 sacando un segundo sobre o Ferrari 312T do líder do Campionato do Mundo, o piloto austríaco Niki Lauda. A terceira praza logrouna o compañeiro de equipo de Lauda en Ferrari, o suízo Clay Regazzoni.
Resumo da carreira
Niki Lauda dominou a práctica, co seu compañeiro Clay Regazzoni na primeira fila. Jean-Pierre Jarier tivo un accidente co Maki e a fin de semana do equipo terminou abruptamente nunha nube de fume por problemas co motor. James Hunt acadou á terceira praza da grella. O sábado pola tarde, as condicións climáticas non permitiron mellorar os tempos.
A carreira atrasouse polas choivas. Lauda lideraba por diante de Jody Scheckter, mentres que Vittorio Brambilla e Patrick Depailler chocaron. Jochen Mass tivo problemas e a Jacky Ickx explotoulle o seu motor. Mentres tanto, Hunt cambiara a pneumáticos de seco e foi gañando tempo rapidamente na superficie seca para tomar o liderado a Jarier e Lauda na volta 15.vEmerson Fittipaldi retirouse con problemas no motor, mentres que John Watson rompeu un soporte do á e Carlos Reutemann pasou a Tom Pryce que sufría de problemas de freos.
Na volta 43, Jarier trompeou logo dun rebentón nun pneumático. Lauda perseguiu a Hunt desesperadamente durante máis de 20 voltas, poñéndoo baixo unha enorme presión. Hunt cedera baixo presión similar en Bos Aires, pero esta vez aguantou. O Ferrari lograba adiantar nas curvas lentas, pero Hunt poñíase na cabeza nas curvas rápidas e na recta. As indicacións da televisión eran confusas os subtítulos mostraban tres voltas para o final cando un ruxido masivo das tribunas sinalou que todo terminara. Hunt converteuse no primeiro inglés desde o Peter Gethin en gañar un Gran Premio.
O segundo posto de Lauda reforzou o seu campionato, ampliando a 13 puntos a vantaxe sobre o piloto de Brabham Carlos Reutemann.
Clasificación
Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 24 James Hunt Hesketh-Ford 75 1:46:57.40 3 9 2 12 Niki Lauda Ferrari 75 + 1.06 1 6 3 11 Clay Regazzoni Ferrari 75 + 55.06 2 4 4 7 Carlos Reutemann Brabham-Ford 74 + 1 vlta 5 3 5 8 Carlos Pace Brabham-Ford 74 + 1 volta 9 2 6 16 Tom Pryce Shadow-Ford 74 + 1 volta 12 1 7 23 Tony Brise Hill-Ford 74 + 1 volta 7 8 28 Mark Donohue Penske-Ford 74 + 1 volta 18 9 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 73 + 2 voltas 13 10 31 Gijs Van Lennep Ensign-Ford 71 + 4 voltas 22 11 30 Wilson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 71 + 4 voltas 24 12 20 Ian Scheckter Williams-Ford 70 + 5 voltas 19 13 22 Alan Jones Hill-Ford 70 + 5 voltas 17 14 10 Lella Lombardi March-Ford 70 + 5 voltas 23 15 5 Ronnie Peterson Lotus-Ford 69 Sen gasolina 16 16 3 Jody Scheckter Tyrrell-Ford 67 Motor 4 Ret 21 Jacques Laffite Williams-Ford 64 Motor 15 Ret 2 Jochen Mass McLaren-Ford 61 Accidente 8 Ret 17 Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 44 Roda 10 Ret 18 John Watson Surtees-Ford 43 Vibracións 14 Ret 1 Emerson Fittipaldi McLaren-Ford 40 Motor 6 Ret 14 Bob Evans BRM 23 Diferencial 20 Ret 6 Jacky Ickx Lotus-Ford 6 Motor 21 Ret 9 Vittorio Brambilla March-Ford 0 Suspensión 11 NTS 35 Hiroshi Fushida Maki-Ford
Posicións logo da carreira
Clasificación do campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Niki Lauda 38 2 Carlos Reutemann 25 3 Emerson Fittipaldi 21 4 Carlos Pace 18 5 James Hunt 16
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 41 2 Brabham-Ford 36 (38) 3 McLaren-Ford 26.5 4 Tyrrell-Ford 19 5 Hesketh-Ford 16
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados das primeiras 7 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Notas
Ligazóns externas
''A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de
Países Baixos Categoría:Gran Premio dos Países Baixos de Fórmula 1