Heliodoro Rivas Rivas, coñecido como Rivitas, nado en Vigo en 1884, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria Oficial maior do concello de Redondela, desempeñou o posto de Secretario nalgúns períodos. Vinculado á Sociedade de Agricultores La Progresiva de Chapela. Dirixiu os periódicos redondeláns La Opinión e Redención e foi correspondente de El Pueblo Gallego en Redondela. Presidiu a VI Asemblea Agraria (1915). Foi directivo do Centro Republicano Radical (1932) do que chegou a presidente en 1933, repetindo cargo en 1935. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde interino de Redondela polo Comandante Militar de Vigo o 21 de xullo. Cesou seis días despois, o 27 de xullo.
Vida persoal Casou con Ángela García.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Anecdotario redondelán. Alcaldes
Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Alcaldes de Redondela Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en ano descoñecido