San Luis foi unha empresa galega con sede na Coruña adicada á venda e distribución de electrodomésticos, aparellos eléctricos e de fogar. San Luis tivo durante un tempo ademais as marcas Darty e Menaje del Hogar. Anunciou a súa liquidación en 2015.

Historia A empresa fundouse nos anos 1970 na rúa San Luís da Coruña, de onde tomou o nome. Chegou a ter 22 tendas en España e Portugal e uns 400 traballadores. En 2007 foi mercada pola francesa Darty, que no ano 2013 pechou as tendas en España. Meses despois a empresa volveu abrir cinco tendas co nome de San Luis, dúas delas na cidade da Coruña.

Tendas Centro comercial Os Rosais, A Coruña Praza de Pontevedra, A Coruña Praza de Vigo, Coruña Polígono da Gándara, Ferrol Rúa Progreso, Lugo Ponferrada

San Luis tamén ten un centro loxístico de 4.000 metros cadrados en Bergondo.

Notas

Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Electrodomésticos