Pedro Otero Milleiro, nado en Redondela en 1866 e finado na mesma vila o 5 de abril de 1941, foi un farmacéutico, xornalista e político galego

Traxectoria Fillo de José Otero Martínez. Con 20 anos licenciouse en farmacia e ao ano seguinte foi elixido vocal do Liceo de Artesanos. Foi administrador de El Eco de Redondela. Foi Xuíz municipal interino en 1902 e 1911. Foi concelleiro (1915), alcalde de Redondela (1917) e deputado provincial. Foi elixido presidente da Unión Patriótica de Redondela en 1924.

Vida persoal Casou con Lucila Sestelo González e foi pai de Ernestina e Pedro Otero Sestelo. Foi avó de Pedro Otero Rey.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Redondela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1941