O Tomiño Fútbol Club é un club de fútbol de Tomiño. Compite na Segunda Autonómica de Galicia, e xoga no campo do Alivio.
Historia O club foi fundado o 19 de maio de 1934. Pouco despois comezaron as obras para a construción do campo de San Benito, actual campo municipal do Alivio. Trala chegada da guerra civil española, o equipo volveu retomar actividade no ano 1944. Participou nas ligas do Baixo Miño - Val Miñor, mais entre 1960 e 1962 os equipos do Baixo Miño abandonaron a competición. En 1963 regresaron á liga e venceron o seu primeiro torneo oficial. Amais, nesa época xogaron varias eliminatorias da copa comarcal.
A finais da década de 1960 a Federación Galega de Fútbol organizou unha nova competición con dous grupos con maior cantidade de participantes, as liga de primeira e segunda división comarcal. O equipo consolidouse na primeira comarcal a comezos da década de 1980. Anos despois o Tomiño FC gañou a Copa de Galicia e acadou o ascenso a Rexional Preferente. Chegou a disputar a fase de ascenso a terceira división en Burela.
Na década de 1990 o Tomiño FC reforzou as categorías inferiores, e o equipo xuvenil chegou a xogar na Primeira Provincial. Estes reforzos viron a súa recompensa ao acadar de novo o ascenso a rexional preferente con xogadores chegados da canteira. Porén, logo de cinco tempadas consecutivas en rexional preferente, o equipo descendeu até terceira rexional.
Datos do club Historial na liga TempadaCategoríaPosto2004/05Rex. Pref.11º2005/06Rex. Pref.15º2006/07Preferente10º2007/08Preferente9º2008/09Preferente14º2009/10Preferente2010/111ª Autonómica2011/12Preferente2012/131ª Autonómica2013/142ª Autonómica12º2014/152º Autonomica16º2015/163º Galicia1º
Palmarés Copa Galicia (2): 1987/88, 1988/89
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do club
Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra Categoría:Deporte en Tomiño