Jesús José Olimpio Giráldez Fernández, nado en Redondela o 17 de xuño de 1896 e finado na mesma vila en outubro de 1969, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Avelino Giráldez Pazó. Foi vicepresidente do Redondela FC (1924) e concelleiro en varias ocasións. Na Segunda República foi elixido presidente da Asociación de Beneficencia (1932) e do Casino (1934). Militou no Partido Galeguista, formando parte da última directiva do período republicano. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en setembro, xulgado en Vigo por rebelión militar o 16 de decembro xunto con José Pereira Míguez, Gustavo Otero Sestelo, Manuel Loureiro Pérez, Francisco Darriba Pérez, Pompeyo Blanco Villar, Manuel Bouzas Puerta, Constante Carballido, Manuel Álvarez Castro, Manuel Martínez Barreiro, Leopoldo Garrido Leirós, Manuel Rodríguez Magariños, Jesús Gómez Casal, Manuel Blanco Camiña e Manuel Barros Montero, e condenado a cadea perpetua. Estivo preso no cárcere de Vigo, na illa de San Simón e no Forte de San Cristovo (Pamplona). Tamén foi condenado a pagar unha forte indemnización polo que lle foron embargados todos os bens. Durante o franquismo foi presidente da Hermandad Sindical de Labradores de Redondela. Finou en Redondela en outubro de 1969.El Pueblo Gallego, 25-10-1969, p. 15. Vida persoal Casou con Carmen Lera Figueras.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Políticos do Partido Galeguista Categoría:Concelleiros de Redondela Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República

Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1969