Antonio Orellana Pereira, nado en Soutomaior e finado no mesmo concello en outubro de 1913Noticia en Noticiero de Vigo, 18-10-1913, p. 3., foi un avogado, político e xornalista galego.

Traxectoria Avogado, exerceu a súa actividade en Redondela dende 1895. Loitador agrarista e republicano, foi fiscal municipal de Redondela (1901), secretario do concello, concelleiro de Redondela e 1º Tenente de Alcalde (1913). Dirixiu os periódicos La Escoba, El Pueblo e colaborou en El Alvedosa, La Propaganda, Nueva Gente e La Opinión.

Vida persoal Casou con Juana González.

Homenaxe Na República, o 10 de abril de 1932, a Sociedade de Agricultores de Soutomaior realizoulle unha homenaxe conxunta con Antonio Portela Lourido, á que se sumou a corporación de Redondela e unha representación das sociedades agrarias de Reboreda, Trasmañó, O Viso e Cesantes e a mariñeira da vila de Redondela.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Avogados de Soutomaior Categoría:Xornalistas de Soutomaior Categoría:Nados en Soutomaior Categoría:Finados en 1913