Norovirus é un xénero de virus de ARN monocatenario sen envoltura diversos xeneticamente da familia Caliciviridae. Os virus coñecidos deste xénero considéranse todos cepas dunha soa especie chamada virus Norwalk. Estes virus transmítense pola ruta fecal-oral por medio de alimentos ou auga contaminados; polo contacto persoa a persoa; e por medio da aerosolización do virus e a conseguinte contaminación das superficies. Os Norovirus son a causa máis común de gastroenterite viral nos humanos, e afectan a persoas de todas as idades.
A infección por Norovirus caracterízase por producir náuseas, vómitos, diarrea acuosa, e dor abdominal, e nalgúns casos, perda do gusto. Pode producir tamén fatiga xeral, debilidade, dor muscular, dor de cabeza, tose, e febre baixa. O virus tende a causar vómitos e a espallarse máis facilmente en época invernal. A enfermidade é xeralmente autolimitada, e os casos de enfermidade grave son raros. O virus afecta arredor de 267 millóns de persoas e causa unhas 200.000 mortes ao ano no mundo; estas mortes prodúcense normalmente nos países subdesenvolvidos e entre os nenos pequenos, os vellos e os inmunosuprimidos.Debbink K, Lindesmith LC, Donaldson EF, Baric RS (2012) Norovirus Immunity and the Great Escape. PLoS Pathog 8(10): e1002921. doi:10.1371/journal.ppat.1002921
Despois da infección, a inmunidade que xera o norovirus é xeralmente incompleta e temporal e algún estudo chega á conclusión de que a inmunidade protectora contra a mesma cepa de norovirus dura seis meses. Os estalidos epidémicos de infeccións por norovirus adoitan ocorrer en comunidades pechadas ou semipechadas, como as de persoas que están en instalacións de coidados médicos a longo prazo, campamentos de verán, hospitais, prisións, dormitorios, e buques cruceiros, onde a infección se estende moi rapidamente de persoa a persoa ou por comida contaminada. Comprobouse que moitos estalidos de infeccións por norovirus procedían de alimentos que foran manexados por persoas infectadas.
Os norovirus son inactivados rapidamente ao aplicarlles unha calor suficiente ou por desinfectantes clorados, pero o virus é menos susceptible aos alcohois e deterxentes, xa que non ten unha envoltura lipídica.
O nome do xénero Norovirus deriva do virus Norwalk, que é a única especie dese xénero. A especie causa aproximadamente o 90% dos estalidos epidémicos non bacterianos de gastroenterite en todo o mundo,
Diagnose A diagnose específica dos norovirus faise rotinariamente por medio da reacción en cadea da polimerase (PCR) ou PCR cuantitativa, que dá resultados en poucas horas. Estas probas de PCR son moi sensibles e poden detectar cantidades tan pequenas de virus como 10 partículas víricas.
As probas de ELISA que utilizan anticorpos contra unha mestura de cepas de norovirus están dispoñibles comercialmente, pero carecen de especificidade e sensibilidade.
Viroloxía
Transmisión Os norovirus transmítense directamente de persoa a persoa e indirectamente por medio de auga e alimentos contaminados co virus. Son extremadamente contaxiosos, e tan só 20 partículas de virus son dabondo para producir unha infección (e algunhas investigacións indican que só 5). A transmisión do virus pode producirse tamén cando este forma aerosois (vai en pequenas gotiñas que flotan no aire) orixinados cando unha persoa infectada vomita, ou no cuarto de baño cando hai vómitos e diarrea; a infección pode producirse ao comer alimentos ou respirar o aire que hai nunha zona en que se vomitou, mesmo se foi debidamente limpada."I've lost my appetite...": New Scientist article on spread of viral food poisoning across a restaurant by eating near where someone has vomited O virus continúa espallándose despois de que os síntomas desapareceran e ata moitas semanas despois da infección.
Os vómitos transmiten a infección de xeito especialmente eficaz. Comprobouse nun restaurante que foran infectadas moitas persoas simplemente porque unha persoa tivera alí vómitos, a pesar de que o lugar fora limpado rapidamente. A causa non foi inmediatamente identificada, pero os investigadores atoparon que máis do 90% das persoas que estiveran na mesma mesa da persoa que vomitou caeron tamén enfermas, e había unha correlación entre a proximidade das outras mesas á mesa en cuestión e a incidencia que tivo a infección (desde o 75% en mesas próximas ata o 25% en mesas afastadas).
As medidas hixiénicas cando hai casos de gastroenterite diminúen o risco de novas infeccións, pero non o eliminan totalmente. Un estudo do CDC dos Estados Unidos sobre 11 estalidos epidémicos no estado de Nova York atopou en 7 deses episodios transmisión de persoa a persoa, en 2 transmisión polos alimentos, en 1 pola auga, e en 1 por causas descoñecidas. A transmisión pola auga pode ser por auga da traída municipal, pozos, lagos recreativos, piscinas e máquinas de xeados.
Os mariscos e os ingredientes das ensaladas son os alimentos implicados con máis frecuencia nas transmisións de norovirus. Outros alimentos poden ser tamén contaminados por persoas infectadas que os manipularon ou cociñaron.
Clasificación dereita|miniatura|Norovirus nas feces vistos con microscopio electrónico de transmisión.
Os norovirus son un grupo xeneticamente diverso de virus de ARN monocatenario sen envoltura da familia Caliciviridae.Department of Health and Ageing Norovirus laboratory case definition Segundo o Comité Internacional de Taxonomía de Virus, o xénero Norovirus ten unha soa especie, denominada virus Norwalk (Norwalk virus). Os seus serotipos, cepas e illados inclúen os seguintes:
virus Norwalk / Norwalk virus; virus Hawai / Hawaii virus; virus Snow Mountain / Snow Mountain virus; virus México / Mexico virus; virus Escudo do Deserto / Desert Shield virus; virus Southampton / Southampton virus; virus Lordsdale / Lordsdale virus; virus Wilkinson / Wilkinson virus.
En total, os norovirus poden ser clasificados xeneticamente en 5 xenogrupos (GI, GII, GIII, GIV, e GV), os cales poden subdividirse en agrupacións xenéticas ou xenotipos. Por exemplo, o xenogrupo II, que é o máis frecuente en humanos, actualmente comprende 19 xenotipos. Os xenogrupos I, II e IV infectan a humanos, mentres que o xenogrupo III infecta a bovinos, e o xenogrupo V foi illado recentemente en ratos.
Os norovirus que se illan en casos de gastroenterite aguda humana pertencen xeralmente a dous xenogrupos. Estes xenogrupos comúns son: o xenogrupo I (GI) inclúe o virus Norwalk, virus Escudo do Deserto e virus Southampton; e o II (GII), inclúe o virus Bristol, virus Lordsdale, virus Toronto, virus México, virus Hawai e virus Snow Mountain. Os norovirus do xenogrupo II, xenotipo 4 (abreviados como GII.4) son responsables da maioría dos estalidos epidémicos de gastroenterite en adultos e a miúdo estenden a infección por todo o mundo. Exemplos recentes son a cepa US95/96-US, que estivo asociada cunha epidemia mundial na segunda metade da década de 1990; o virus Farmington Hills asociado con epidemias en Europa e os Estados Unidos de América en 2002 e 2004; e o virus Hunter, asociado con epidemias en Europa, Xapón e Australasia. En 2006, houbo outro grande incremento da incidencia dos norovirus por todo o globo.
Algúns informes atoparon unha ligazón entre a expresión dos antíxenos dos grupos histo-sanguíneos humanos (HBGAs) e a susceptibilidade á infección por norovirus. Certas cepas necesitan certos antíxenos para comezar a infección. Os estudos suxiren que a cápside viral dos norovirus puido ter evolucionado pola presión selectiva dos HBGAs humanos. Aínda que non está claro se os HBGAs actúan como receptores primarios do virus ou só potencian a súa infectividade, son importantes factores para determinar a especificidade de tecido e o risco de transmisión.
Un estudo de 2008 indicou que a proteína MDA-5 pode ser o sensor inmunitario primario para detectar a presenza de norovirus no corpo. Algunhas persoas teñen variacións comúns do xene MDA-5 que poderían facelos máis susceptibles á infección por norovirus.Researchers Discover Primary Sensor That Detects Stomach Viruses Newswise, Retrieved on July 20, 2008.
Un estudo de 2010 atopou que unha versión xenética específica dos norovirus (que non sería distinguible doutros tipos do virus utilizando as probas de anticorpos estándar) interacciona cunha mutación específica no xene ATG16L1 e isto axuda a causar o inicio da enfermidade de Crohn sintomática nos ratos que foron sometidos a un composto químico que orixina danos intestinais similares aos do Crohn en humanos. Non obstante, este único estudo non proba que o norovirus cause a enfermidade de Crohn en humanos, xa que nela inflúen varios factores.
Estrutura miniatura|Estrutura de cristalografía de raios X da cápside do virus Norwalk. Os norovirus conteñen un xenoma de ARN monocatenario de sentido positivo de aproximadamente 7,5 kbp, que codifica unha proteína estrutural principal (VP1) de aproximadamente 58~60 kDa e unha proteína menor da cápside (VP2). As partículas do virus teñen unha estrutura superficial amorfa cando se visualizan con microscopio electrónico e teñen un tamaño de 27-38 nm. A rexión máis variable da cápside viral é o dominio P2, que contén sitios de presentación de antíxenos e rexións de unión a receptores carbohidratos.
A taxa de mutación estimada (de 1.21 x 10−2 a 1.41 x 10−2 substitucións por sitio e ano) neste virus é alta mesmo comparada con outros virus de ARN.
Fisiopatoloxía Cando unha persoa se infecta con norovirus, o virus empeza a replicarse no seu intestino delgado. Pasados uns dous ou tres días, poden aparecer os síntomas da infección. O síntoma principal é unha gastroenterite aguda, que se desenvolve entre 24 e 48 horas despois da exposición, e dura de 24–60 horas. A doenza é xeralmente autolimitada, e caracterízase por producir náuseas, vómitos, diarrea acuosa, e dor abdominal, e nalgúns casos perda do gusto. Tamén se poden presentar fatiga xeral, debilidade, dores musculares e de cabeza, tose, e febre baixa.
Os casos graves son raros, e aínda que a doenza pode requirir un tratamento de urxencia, raramente require hospitalización. As mortes por causa dos norovirus prodúcense xeralmente entre os nenos pequenos, as persoas vellas e as que teñen o seu sistema inmunitario debilitado. Os síntomas poden chegar a ameazar a vida nestes grupos da poboación cando se produce unha forte deshidratación e esta é ignorada e non tratada.
Prevención O virus é moi contaxioso e difícil de eliminar por completo. Un método efectivo para reducir a transmisión dos norovirus é lavar as mans con auga e xabón. Poden usarse tamén ademais frotacións con alcohol (≥62% etanol), pero isto é menos efectivo que o lavado das mans, xa que os norovirus carecen de envoltura viral lipídica. As superficies nas que pode haber partículas de norovirus poden ser desinfectadas cunha solución de 1,5% ao 7,5% de lixivia en auga, ou outros desinfectantes efectivos contra os norovirus.http://www.epa.gov/oppad001/list_g_norovirus.pdfhttp://www.thenakedscientists.com/HTML/content/interviews/interview/838/
Nas instalacións sanitarias, a prevención de infeccións nosocomiais implica a limpeza de rotina e de control de infeccións. Os sistemas de limpeza con vapor de alcohol non inflamable en CO2 son uns dos utilizados en instalacións hospitalarias cando os aparatos médicos electrónicos se poderían ver afectados polo uso de desinfectantes clorados en aerosol ou compostos cáusticos.