O distrito de Pader é un distrito da Rexión Norte de Uganda, denominado así por Pader, a capital.

Limita co distrito de Lamwo polo noroeste, co distrito de Kitgum polo nordeste, co distrito de Agago polo leste, distrito de Otuke polo sueste, co distrito de Lira polo sur, co distrito de Oyam polo suroeste e co distrito de Gulu polo oeste.Mapa dos distritos de Uganda Pader, a capital, atópase aproximadamente a 130 km ao nordeste de Gulu, a principal cidade da subrexión.Road Distance Between Gulu And Pader With Map

O distrito é relativamente recente, tendo sido anteriormente parte do distrito de Kitgum. En decembro de 2001, o condado de Aruu e o de Agago foron separados do distrito de Kitgum para formar o distrito de Pader. A cabeceira do distrito, Pader, atópase no centro do distrito. O distrito, canda o de Amuru, o de Agago, o de Gulu, o de Lamwo, o de Nwoya e o de Kitgum, constitúe a subrexión acholi, considerado o territorio histórico dos acholi, e lar dunha poboación dun millón de habitantes.

O censo do ano 2002 dáballe unha poboación estimada ao distrito de aproximadamente 142.320 habitantes. Na maior parte da primeira década dos 2000, a maioría da poboación dentro do distrito viviu en campos de refuxiados, por culpa da Guerra de Resistencia do Señor. Co cesamento de hostilidades entre o LRA e o UPDF no 2006, moita xente dos campos de refuxiados regresaron aos seus lares.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Pader District at Ugandatravelguide.com

Pader