Macrolepiota é un xénero de fungos basidiomicetos da familia Agaricaceae. A especie tipo, e máis coñecida, é Macrolepiota procera, o cerrote. O xénero ten unha distribución moi ampla e contén unhas 30 especies.
Estudos de ADN dividiron o xénero en dous clados. O primeiro inclúe a M. procera, M. mastoidea, M. clelandii, así como algunhas especies estreitamente relacionadas. O segundo é máis diverso, inclúe a M. rhacodes, Chlorophyllum molybdites e outras especies.
A Macrolepiota albuminosa é moi usada na gastronomía da China, onde se lle chama jīzōng (鸡枞; literalmente "abeto de polo").
Especies Macrolepiota albuminosa Macrolepiota brunnescens Macrolepiota clelandii Macrolepiota detersa Macrolepiota dolichaula Macrolepiota eucharis Macrolepiota excoriata Macrolepiota fuligineosquarrosa Macrolepiota fuliginosa Macrolepiota gasteroidea Macrolepiota gracilenta Macrolepiota konradii Macrolepiota mastoidea Macrolepiota orientiexcoriata Macrolepiota phaeodisca Macrolepiota procera Macrolepiota pulchella Macrolepiota turbinata Macrolepiota velosa Macrolepiota vinaceofibrillosa
Notas
Categoría:Agaricaceae