If You're Feeling Sinister é o segundo álbum da banda escocesa de indie pop Belle & Sebastian, publicado o 18 de novembro de 1996 a través do selo Jeepster Records no Reino Unido e de Matador Records nos Estados Unidos.

O líder da banda, Stuart Murdoch, ten afirmado en entrevistas que este é probablemente a súa mellor colección de cancións. En 2005 Belle & Sebastian editou unha versión ao vivo do álbum, titulada If You're Feeling Sinister: Live at the Barbican, a través de iTunes Music Store.

En novembro de 2003 a publicación en liña Pitchfork Media situou a If You're Feeling Sinister no número 14 da súa lista dos mellores álbums dos anos 90.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de Belle & Sebastian Categoría:Álbums musicais de 1996 Categoría:Álbums de Jeepster Records Categoría:Álbums de Matador Records