Manuel Nolaso Lois Vázquez, nado en Maside o 29 de xaneiro de 1868 e finado no mesmo concello o 29 de xuño de 1899, foi un médico, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Estudou no Colexio-Seminario Menor de Nosa Señora dos Milagres e despois fixo o bacharelato no Instituto de Ourense, rematando en 1883. Cursou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Valladolid, licenciándose na de Compostela en 1896. Desde outubro de 1896 exerceu como médico municipal en Maside. Colaborou en O Tio Marcos d'a Portela, A Tía Catuxa O Galiciano, A Monteira, Álbum Literario e El Eco de Galicia. Asinou algunhas das súas composicións co pseudónimo Mefistófeles e outras cos anagramas Leunam Siol e Nunelasoli.

Obras Ensayos literarios. Suspiros del corazón, 1886. Don Diego López Pindo, 1886. Brisas gallegas, 1890. Horas perdidas, 1899.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Maside Categoría:Nados en Maside Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1899 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público