Trichiurus lepturus é unha especie de peixe teleósteo da orde dos perciformes, suborde dos escombroideos, que é o tipo da familia dos triquiúridos e da subfamilia dos triquiurinos,Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758 no WoRMS, que son coñecidos vulgarmente como sabres,sabre 2 ANIMAL/ICT1 Peixe, que pertence aos xéneros Ruvettus, Trichiurus, Nesiarchus, que se caracteriza por presentar o corpo comprimido e fino. No Dicionario de galego, Vigo, Ir Indo, 2004, ISB N 84-7680.504-7. ou peixes sabre.Lepidopus caudatus (Euphrasen, 1788), e Trichurus lepturus Linnaeus, 1758, en: Rodríguez Villanueva et al. (1994), pp. 224-227.
Características Esta especie, coñecida vulgarmente como sabre común,sabre 2 ANIMAL/ICT2 sabre común [Trichurus lepturus] Peixe, da familia dos triquiúridos, que presenta corpo serpentiforme, de cor prateada e un queixo prominente, en que destacan apéndices dérmicos na punta das mandíbulas. No Dicionario de galego, Vigo, Ir Indo, 2004, ISB N 84-7680.504-7. é un peixe bento-peláxico, anfídromo que pode habitar en augas mariñas e salobres,<ref>Riede, K. (2004): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Bonn, Germany: Federal Agency for Nature Conservation.</ref> de corpo longo e delgado.
Os sabres poden chegar a ter 2 m de lonxitude; dos pescados, o que máis peso tivo foi de 5 kg e o de máis tempo tiña 15 anos.
Hábitat e distribución Vive en augas tropicais e temperadas, pouco profundas, de 0 a 589 m de profundidade, usualmente entre os 100 e os 350 m,Muus, B. J. & J. G. Nielsen (1999): Sea fish. Scandinavian Fishing Year Book. Denmark: Hedehusene. de todos os mares do mundo, entgre os 49° N e os 54° S, e entre os 114° W e os 180° E.Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2015): Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758 en FishBase. (Versión 2015).
Costumes Sobe para comer durante o día para, apañar crustáceos planctónicos (cando son pequenos, pasando logo a pequenos peixes, e logo xa a outros peixes máis grandes e cangrexos) e retornando ao leito do mar pola noite.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita polo naturalista sueco Carl von Linné (en latín Carolus Linnaeus), na 10ª edición do seu Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata. Laurentius Salvius: Holmiae. ii, (Ler en liña).
Etimoloxía O epíteto específico, lepturus, Linneo tirouno da raíz do termo do grego antigo λεπτός leptós, "pelado", "limpo", "delgado", "fraco", e o sufixo grego -ουρος -ouros (derivado do grego antigo οὐρά ourá, "cola").lepturus en www.scotcat.com Literalmente: "de cola delgada".
Nota: para a etimoloxía do nome xenérico, ver Trichiurus.
Sinónimos Ademais do nome que lle impuxo Linneo, e que é o actualmente válido, ao longo do tempo a especie foi coñecida polos sinónimos seguintes:Clupea haumela Forsskål, 1775Trichiuris haumela (Forsskål, 1775) (incorrecto gramaticalmente)Trichiurus argenteus Shaw, 1803Trichiurus coxii Ramsay & Ogilby, 1887Trichiurus haumela (Forsskål, 1775)Trichiurus japanicus Temminck & Schlegel, 1844 (incorrecto gramaticalmente)Trichiurus japonicus Temminck & Schlegel, 1844Trichiurus lajor Bleeker, 1854Trichiurus lepturus japonicus Temminck & Schlegel, 1844Trichiurus malabaricus Day, 1865Trichiurus nitens Garman, 1899Trichurus lepturus Linnaeus, 1758 (incorrecto gramaticalmente)Trichyurus lepturus Linnaeus, 1758 (incorrecto gramaticalmente)
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes.'' Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-793-5, pp. 224–229.
Outros artigos Perciformes Escombroideos Triquiúridos
Ligazóns externas Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758 no WoRMS Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758 no ITIS. Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758 na FishBase. Trichiurus lepturus na ADW. Trichiurus lepturus na EOL. Ficha en pescaderiascorunesas.es .
Categoría:Perciformes Categoría:Animais descritos en 1758