Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei".
A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible. Ten sido galardoada con premios internacionais como o da ONU-Hábitat en 2014 en Dubai ou o da Comisión Europea en 2020 en Bruxelas, entre outros. Tamén é coñecida como a cidade dos nenos, sendo unha das cidades do mundo onde os nenos viven mellor.
O camiño Portugués, do que é capital en España, atravesa a cidade de sur a norte. Son testemuñas relevantes monumentos como a igrexa da Virxe Peregrina e a ponte do Burgo, coas famosas cunchas de peregrino esculpidas.
Pontevedra é a segunda das grandes cidades galegas pola súa riqueza monumental, só despois de Santiago de Compostela. Alcumada a Boa Vila (La Bonne Ville ou A Boa Cidade) polo francés Jean Froissart nas súas crónicas do século XIV pola súa magnífica situación xeográfica e o seu esplendor económico, atesoura un importante conxunto monumental relixioso (coa basílica de Santa María a Maior ou as igrexas de San Francisco, San Domingos ou San Bartolomeu entre outras) e civil (con casas nobres con escudos, pazos ou mansións como a casa das Campás ou a casa dos Fonseca, os pazos dos Condes de Maceda, o de Mugartegui, o de García Flórez ou o de Lourizán e palacetes como os das Mendoza ou Villa Pilar entre outros, así como unha decena de prazas de orixe medieval). Un símbolo importante é o papagaio Ravachol, cuxa estatua está no centro da cidade.
Pontevedra é un centro administrativo, político, xudicial, militar, histórico e cultural importante. No século XVI era a maior cidade de Galicia. Actualmente está marcada por unha gran presenza dos servizos administrativos (delegacións provinciais da Xunta de Galicia e do goberno central), de xustiza (audiencia provincial e cidade da xustiza), políticos (deputación de Pontevedra, subdelegación do goberno), militares (delegación de defensa, BRILAT) e culturais (museo de Pontevedra, pazo da cultura, teatro principal, facultade de belas artes, centro cultural Afundación, Café Moderno).
Xeografía miniatura|esquerda|Vista xeral de Pontevedra desde A Caeira (Poio). |miniatura|esquerda
O concello de Pontevedra ten unha área de 117 km², e alóngase de norte a sur case 20 quilómetros. Esténdese pola parte sur da ría que leva o seu nome (ría de Pontevedra), onde ocupa os vales fluviais do Lérez e do río dos Gafos. Cara ao sur, chega ata a desembocadura do río Verdugo, en Ponte Sampaio, xa na ría de Vigo. Aséntase rodeado de catro sectores montañosos separados entre si por dúas crebas, unha de dirección meridiana e a outra nordeste-sueste pola que transcorre o leito do río Lérez.
A cidade localízase no fondo da ría de Pontevedra, na desembocadura do Lérez. Está asentada nun outeiro rochoso relativamente aplanado pola erosión que, aínda que non é de moita altura, fai que o Lérez a arrodee polo norte antes de abrirse á ría. Por esta razón as únicas rúas que son algo empinadas son as que baixan á ribeira. A localización resulta estratéxica, xa que é o primeiro punto, vindo desde o mar, a través da ría, polo que se pode cruzar de norte a sur.
Limita ao norte cos concellos de Barro, Moraña e O Campo Lameiro; ao leste cos de Cerdedo Cotobade e Ponte Caldelas; ao sur cos de Soutomaior, Vilaboa e Marín, e ao oeste co de Poio e coa ría de Pontevedra.
Clima O clima é morno, cunha media anual de 15 °C e amplitude térmica de 10 °C (10 °C en xaneiro até 20 °C en xullo) e chuvioso (1.600-1.800 mm.), especialmente a finais do outono e no inverno. Ademais, a cidade está suxeita a unha serie de treboadas atlánticas durante o outono e o inverno, e frecuentemente teñen certa violencia.
Pontevedra é a cidade que ten máis horas de sol ao ano entre as grandes cidades galegas, con 2223.
17px Parámetros climáticos medios de Pontevedra (1972-2000) Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano Temperatura máxima absoluta (°C) 22,5 23,4 28,4 31,3 34,0 38,0 39,5 38,2 36,6 31,0 25,6 23,4 39,5 Temperatura máxima media (°C) 13,1 14,3 16,6 17,9 19,9 23,5 25,6 25,6 23,6 19,7 16,0 13,8 19,1 Temperatura media (°C) 9,5 10,6 12,1 13,2 15,4 18,5 20,5 20,4 18,8 15,6 12,3 10,5 14,8 Temperatura mínima media (°C) 6,0 6,8 7,6 8,5 10,9 13,4 15,4 15,2 13,9 11,4 8,6 7,3 10,4 Temperatura mínima absoluta (°C) -3,6 -1,7 -2,0 0,6 4,2 7,0 9,2 9,8 7,2 4,2 0,0 -1,5 -3,6 Precipitacións (mm) 204 190 126 140 129 66 44 47 108 185 198 254 1691 Horas de sol 116 112 179 197 226 270 292 278 212 151 116 98 2223 Humidade relativa media (%) 73 71 66 66 67 65 65 66 69 72 74 74 69Fonte: AEMET |} </center>
Demografía
Censo total 82.539 (2015) Menores de 15 anos 12.484 (15.12 %) Entre 15 e 64 anos 54.365 (65.87 %) Maiores de 65 anos 15.690 (19.01 %)
Segundo o Padrón municipal do IGE Pontevedra no ano 2015 tiña unha poboación de 82.539 habitantes (78.715 hab. en 2004) e 83.260 habitantes en 2020 segundo o INE.
O seu xentilicio no Galizionario é «pontevedrés/pontevedresa», «lerense» e «teucrino/teucrina».
Fonte: INEINEbase. Variaciones intercensales. Alteraciones de los municipios en los censos de población desde 1842. En línea: http://www.ine.es/intercensal/ Consultado 30-06-2011. Cuando se dispone del dato de población de hecho y de derecho se ha tomado la cifra más alta. Nota: Entre o censo de 1857 e o anterior medra o termo municipal porque incorpora a Verducido. Entre o censo de 1877 e o anterior incorpora Alba, Mourente e Salcedo, entre o de 1950 e o anterior incorpora a Xeve e no censo de 1960 é Ponte Sampaio o que xa está incorporado ao termo da cidade.
Morfoloxía urbana O casco urbano ten barrios dende pequeno ata gran tamaño. Estes son: Centro histórico: zona orixinaria da cidade, noutrora amurallada, posúe a meirande parte dos monumentos como son as múltiples prazas, San Francisco ou a basílica de Santa María a Maior. A Moureira: esténdese ao longo do río Lérez e da ría de Pontevedra desde a ponte do Burgo ata o final da avenida das Corvaceiras. Antigo barrio mariñeiro do que hoxe queda pouco, xa que moito foi reconstruído nos 70, o seu urbanismo é algo caótico por ter a mesma planta que hai varios séculos. Aquí están a capela de San Roque, o porto deportivo e o Gremio de Mareantes. A praza de Concepción Arenal localízase entre A Moureira e a praza de España. Alameda-Palmeiras: engloba a zona da cidade alzada a finais do XIX. Os seus edificios importantes (a Casa do concello, o pazo da Deputación, o Instituto Valle-Inclán,...) foron case todos deseñados por Alejandro Sesmero, xunto coa Alameda, a Gran Vía de Montero Ríos, os xardíns de Vincenti e de Colón no parque das Palmeiras e zonas como a Praza de España, a rúa Marqués de Riestra, a rúa Xeneral Gutiérrez Mellado (tamén coñecida coma rúa dos Bancos pola cantidade de sucursais que hai) etc. A Peregrina-Ensanche: As súas rúas están cheas de tendas retallistas ou de grandes cadeas. Os comercios de grandes marcas sitúanse no eixo comercial das rúas Benito Corbal - Daniel de la Sota - Sagasta e Glorieta de Compostela na súa maioría. As tendas pequenas atópanse máis na rúa da Oliva e nas súas famosas Galerías abertas en 1961. As prazas principais son tres: praza da Peregrina (coa súa popular igrexa, é o punto neurálxico da urbe), a praza de Compostela (tamén alcumada praza da Fonte dos nenos) e a praza de San Xosé (chamada popularmente Praza dos Músicos, aquí atópanse os edificios das antigas Caixa de Pontevedra e Caixa Galicia). miniatura|dereita|Fonte dos Nenos na Glorieta de Compostela. Santo Antoniño-Santa Clara: este barrio é, con probabilidade, un dos primeiros barrios de casas subvencionadas da cidade. Estas atópanse sobre todo na rúa San Antoniño, centro do barrio que empezou a configurarse a principios dos anos 60. A praza de Barcelos é unha das prazas máis abertas da cidade. Outros elementos de interese son o Estadio da Xuventude na rúa Padre Fernando Olmedo, o convento de Santa Clara ou a ponte dos Tirantes. Campolongo: zona residencial da cidade aparecida nos 70 sobre o antigo pazo de Paco Leis. Destaca o seu parque e a súa igrexa, amais de ser a sede do grande complexo administrativo Xunta de Galicia e do Ministerio de Facenda na avenida María Victoria Moreno. A súa superficie ten arredor de medio quilómetro cadrado. O Burgo-A Xunqueira: O Burgo, antiga aldea extramuros é un dos máis longos barrios residenciais da cidade. Este atópase arredor das rúas Coruña e Médico Ballina. Aquí atópanse o estadio de Pasarón, fogar do Pontevedra CF e a capela de Santiaguiño. A ponte do Burgo conéctaos co casco vello e a avenida de Compostela fai de saída norte da cidade, separándoos da Xunqueira. Nesta zona está o campus universitario de Pontevedra, así como as escolas e institutos da Xunqueira, a cidade deportiva, o Pazo da Cultura-Recinto Feiral e o Parque da Familia. A Eiriña: nesta zona, antiga aldea da que hoxe nada queda, está o Hospital Provincial de Pontevedra e un importante número de novas residencias que agora se estenden coa ampliación entre as rúas Filgueira Valverde e 12 de Novembro. O Gorgullón: na beira leste do río dos Gafos e coa avenida Eduardo Pondal como eixo central, está esta zona, na que se atopan a estación de tren e a estación de autobuses. Mollavao-A Ruibal: antiga aldea aos pés do mar hoxe convertida en zona residencial de media e baixa densidade. A AP-9 e a ponte da Ría atravesan esta zona, na que tamén está a estrada a Marín e o Paseo marítimo de Pontevedra. miniatura|250px|Paseo marítimo de Pontevedra. Os Salgueiriños: Os Salgueiriños naceu nos anos 50 coma unha urbanización subvencionada entre a rúa Loureiro Crespo e a rúa da Estrada. Valdecorvos: É un barrio xurdido a finais dos anos 2000, na entrada leste da cidade. A súa rúa principal é Prado Novo, moi preto da rúa Loureiro Crespo e da estrada de Ourense. É un barrio residencial case ao 100%. A Seca: outro barrio totalmente residencial xurdido a finais dos anos 50. Antes aquí estaba a fábrica madeireira TAFISA pechada en 2003. Está previsto ampliar o campus nesta zona. A Parda: zona totalmente residencial e actual xurdida a finais dos anos 90 onde hoxe está a Cidade da Xustiza con dous grandes edificios de Xulgados, o colexio Sagrado Corazón, o Conservatorio profesional de música Manuel Quiroga e o centro de saúde da Parda. Hai algúns comercios, sobre todo bares ou pequenas tendas. Josefina Arruti: zona de moi recente construción arredor da avenida do mesmo nome, inaugurada en 2015. Na zona atópase tamén o popular Nó do Pino, onde conflúen a PO-10, a N-550 e a PO-542. Avenida de Lugo-Santa Margarida: a avenida de Lugo é un espazo de saída da cidade cara ao concello de Cotobade e Ourense construído nos anos 60 e 70, posúe grandes superficies comerciais, concesionarios e coñecidas cadeas de restaurantes de comida rápida. En Santa Margarida, o seu principal atractivo é a súa capela co seu carballo. San Amaro: zona de moitas casas unifamiliares onde tamén se atopa o cemiterio e a capela homónimas. Monte Porreiro: zona xurdida nos 70, agora é un dos barrios máis poboados da cidade. Aquí está a UNED e outros servizos (pero de menor escala). San Brais-Fontesanta: zona de chalés e antigas casas subvencionadas. Un hipermercado Carrefour atópase neste preludio de Salcedo, á parte dunha capela dedicada a San Brais.
Historia
O nacemento miniatura|250px miniatura|250px