O guión (-) ou trazo é un signo ortográfico auxiliar empregado para:
indicar, ao final de liña dun texto, que a última palabra fica incompleta por falta de espazo, tendo que se continuar a escribir na liña seguinte; unir dúas partes dunha palabra composta; introducir un texto falado nun diálogo; dividir as sílabas dunha palabra cando se fai unha división silábica. separar opcionalmente na escrita a segunda forma do artigo cando esta se desenvolve tras verbos rematados en -r ou -s (vou come-lo caldo), despois dos pronomes átonos enclíticos "nos", "vos" e "lles" (deulle-los libros) e dos pronomes tónicos "nós" e "vós" (vó-los dous). Neste caso o seu uso só é obrigatorio tralo adverbio "u" (u-lo neno?).
Os guións longos (máis correctamente, raias) empréganse para separar as oracións incidentais máis necesarias cás encerradas entre parénteses; noutras palabras, serven para intercalar, sendo colocados antes e despois, un inciso no fluír do argumento.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Puntuación Categoría:Símbolos