Fernando Conde Domínguez, nado en Vigo o 12 de xullo de 1858 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1945, foi un empresario e político galego, alcalde de Vigo.

Traxectoria

Fillo de Antonio Bibiano Conde González-Abarca, estudou comercio e economía no Reino Unido e rexentou a navieira fundada polo seu pai. Foi secretario da Cámara de Comercio de Vigo en 1886, presidente da Asociación de Navieros, da Unión de Entidades Viguesas e ocupou varios cargos máis. Membro do Partido Liberal, foi concelleiro de Vigo e fíxose cargo da alcaldía en abril de 1916. Permaneceu no cargo ata abril de 1918. Finou en Vigo o 9 de novembro de 1945.Esquela en ABC, 14/11/1945 .

Recoñecementos Entre outras condecoración recibiu a Lexión de Honra e a Gran Cruz da Orde Civil de Beneficencia con distintivo branco.Firma del Rey La Vanguardia 11/4/1917 . Unha rúa e unha hemeroteca da Escola de Artes e Oficios da súa cidade levan o seu nome."Reapertura da biblioteca e hemeroteca..." Concello de Vigo.

Vida persoal

Casou con Melchora de la Ponte y de la Peña, e foi pai de Fernando, Juan Antonio, José Manuel e María Luisa Conde Ponte. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1858 Categoría:Finados en 1945