Ceferino Maestú Novoa, finado en San Roque (Cádiz) o 27 de xullo de 1936, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Ceferino Maestú Sequeiros, que foi xerente da fábrica de fariñas La Molinera Gallega e presidente da Cámara de Comercio de Vigo.Ceferino Maestú, un vigués no esquecemento Dirixiu o semanario La Ráfaga, foi xuíz municipal suplente de Vigo en 1915 e alcalde da cidade en 1920. Era liberal progresista e exercía de Inspector de Emigración. Debido a unha vinganza política sufriu varios traslados ata que se estableceu como avogado na provincia de Cádiz.

Republicano convencido, foi o primeiro en ondear a bandeira tricolor en San Roque o 14 de abril de 1931. Pertencía a Izquierda Republicana e nomeárono gobernador civil de Huelva o 3 de xuño de 1936, pero dimitiu o 4 de xullo e volveu ás súas ocupacións en San Roque.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido polas tropas de Regulares que o utilizaron como escudo humano para chegar á fronteira de Xibraltar e despois o deixaron en liberdade. Tratou de poñer a salvo a súa familia sen éxito e viviu a pasada represiva que os republicanos vidos de Málaga fixeron por San Roque e que deixou un regueiro de cadáveres entre os que se contaban algúns amigos. Finalmente chegaron as tropas de Regulares que o detiveron e fusilaron.

Vida persoal

Casou con Ascensión Barrio Cordal e foi pai de Ceferino, Pilar, Trinidad e Encarnación Maestú Barrio.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Otro 18 de julio

Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Asasinados polo bando nacional Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados Categoría:Nados en ano descoñecido