Juan Gil Sequeiros, nado en 1891 e finado en Vilagarcía de Arousa o 7 de novembro de 1957, foi un empresario e político galego.
Traxectoria Empresario en negocios de madeira, foi xefe do Sindicato Provincial de Pontevedra. O 15 de febreiro de 1937 foi nomeado alcalde de Vilagarcía de Arousa, ocupando o cargo ata o 8 de marzo de 1938. O 8 de maio de 1944 volveu ser nomeado alcalde de Vilagarcía, finalizando o seu mandato o 4 de marzo de 1948.
O 1 de novembro de 1942 foi elixido representante sindical nas Cortes Españolas polos Sindicatos Nacionales. Foi Procurador nas Cortes durante o franquismo en representación da Organización Sindical como empresario do Sindicato Nacional de la Madera y Corcho na I Lexislatura das Cortes Españolas (1943-1946). Finou en Vilagarcía de Arousa o 7 de novembro de 1957.El Pueblo Gallego, 9-11-1957, p. 9, 12.
Vida persoal Casou con Mercedes Reguera Prego de Gil, que finou o 16 de novembro de 1934.El Pueblo Gallego, 15-11-1936, p. 4. Volveu casar con María Teresa Padín Anido.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O Alcalde Borruell
Categoría:Alcaldes de Vilagarcía de Arousa Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en 1891
Categoría:Finados en 1957