O Metro de Helsinqui (en finés: Helsingin metro, en sueco Helsingfors metro), é a rede de metro da cidade de Helsinqui, Finlandia. É a rede de metro situada máis ao norte do mundo, e actualmente é a única de Finlandia. A rede foi aberta ao público o 2 de agosto tras 27 anos de planificación. É operada pola Helsingin kaupungin liikennelaitos (HKL) para a Helsingin seudun liikenne (HSL) e é empregada por máis de 50 millóns de pasaxeiros cada ano.

A rede consiste nunha única liña bifurcada con dezasete estacións sobre unha lonxitude total de 21,1 km. Dá servizo principalmente aos suburbios de Helsinqui Leste, mais tamén pode ser empregado como medio de transporte na zona centro da cidade. A ampliación Länsimetro continuará a liña cara ao Helsinqui occidental e as zonas sur da veciña cidade de Espoo, actualmente comunicada só por autobuses.

A rede ferroviaria de proximidades local (de superficie) que dá servizo ao norte e noroeste non se cruza coa rede de metro, mais os pasaxeiros poden cambiar de tren na Estación Central de Helsinqui (estación de metro Rautatientori).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da HKL

Categoría:Metro de Helsinqui