Saturno é o sexto planeta do Sistema solar e o único con aneis visíbeis dende o noso planeta. Foi chamado así polo deus romano Saturno. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gasosos, tamén chamados xovianos, por Xúpiter. Antes da invención do telescopio, Saturno era o planeta coñecido máis distante. O primeiro en observarlle os aneis foi Galileo en 1610, aínda que a baixa inclinación dos aneis e a baixa resolución do seu telescopio fíxolle pensar que se trataban de grandes lúas. Christiaan Huygens, con mellores medios de observación puido en 1659 ollar con claridade os aneis. No ano 1859 James Clerk Maxwell demostrou matematicamente que os aneis non podían ser un único obxecto sólido, senón que debían ser unha agrupación de millóns de partículas de menor tamaño.
O planeta Saturno é un xigante de gas, o segundo do sistema en tamaño despois de Xúpiter, ó que se asemella bastante en constitución. A súa distancia media do Sol é duns 1429 millóns de quilómetros.
Orixe do nome de Saturno miniatura|150px|esquerda|O planeta Saturno. Debido á súa posición orbital máis distante que Xúpiter os antigos romanos outorgáronlle o nome do pai de Xúpiter ao planeta Saturno. Na mitoloxía romana, Saturno era o equivalente do antigo titán grego Cronos, deus do tempo. Cronos era fillo de Urano e Gaia e gobernaba o mundo dos deuses e os homes devorando aos seus fillos en canto nacían para que non o destronaran. Zeus —un deles— conseguiu esquivar este destino e finalmente derrocou ao seu pai para converterse no deus supremo.
Os gregos e romanos, herdeiros dos sumerios nos seus coñecementos do ceo, estableceran en sete o número de astros que se movían no firmamento: o Sol, a Lúa, e os planetas Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno, as estrelas errantes que a distintas velocidades orbitaban arredor da Terra, centro do Universo. Dos cinco planetas, Saturno é o de movemento máis lento, emprega uns trinta anos (29,457 anos) en completar a súa órbita, case o triplo que Xúpiter (11,862 anos), e respecto a Mercurio, Venus e Marte a diferenza aínda é maior. Saturno destacaba pola súa lentitude e se Xúpiter era Zeus, Saturno tiña que ser Cronos, o pai ancián, que paso a paso vaga entre as estrelas.
Características xerais miniatura|esquerda|300px|Aneis de Saturno. Saturno é un planeta visiblemente achatado nos polos cun ecuador que sobresae formando a figura dun esferoide ovalado. Os diámetros ecuatorial e polar son respectivamente 120.536 e 108.728 km. Este efecto prodúcese pola rápida rotación do planeta, a súa natureza fluída e a súa relativamente baixa gravidade. Os outros planetas xigantes son tamén ovalados, mais non tanto coma este. Saturno posúe unha densidade específica de 690 kg/m³, sendo o único planeta do Sistema Solar cunha densidade inferior á da auga (1000 kg/m³), é dicir, flotaría sobre a auga. O planeta está formado por un 94% de hidróxeno e un 3% de helio xunto con outros gases residuais. O volume do planeta é o dunhas 740 veces o da Terra, mais a súa masa é 95 veces a terrestre, debido á baixa densidade media relativa mencionada. miniatura|Comparación coa Terra. O período de rotación de Saturno é incerto dado que non posúe superficie e a súa atmosfera xira cun período distinto en cada latitude. Dende a época dos Voyager considerábase que o período de rotación de Saturno, baseándose na periodicidade de sinais de raio emitidos por el, era de 10 h 39 min 22,4 s (810,8°/día). As misións espaciais Ulysses e Cassini mostraron que este período de emisión en raio varía no tempo, sendo na actualidade de 10 h 45 m 45 s (±36 s). A causa deste cambio no período de rotación de raio podería estar relacionada coa actividade criovolcánica en forma de geysers do satélite Encélado, que libera material en órbita de Saturno capaz de interaccionar co campo magnético externo do planeta, utilizado para medir a rotación do núcleo interno onde se xera. En xeral considérase que o período de rotación interno do planeta pode ser coñecido tan só de forma aproximada.
Comparado co planeta Terra, o tamaño de Saturno é nove veces maior, e a súa órbita está nove veces máis lonxe do Sol. Isto significa que se observamos dende o Sol á Terra e a Saturno cando están no mesmo punto, nun nodo de intersección das súas órbitas, a Terra ten o mesmo tamaño aparente que Saturno.
Estrutura interna O interior do planeta é semellante ao de Xúpiter, cun núcleo sólido no interior. Sobre el esténdese unha extensa capa de hidróxeno líquido, debido aos efectos das elevadas presións e temperaturas. Os 30 000 km exteriores do planeta están formados por unha extensa atmosfera de hidróxeno e helio. O interior do planeta probabelmente conteña un núcleo formado por materiais xeados acumulados na formación temperá do planeta e que se atopan en estado líquido nas condicións de presión e temperatura próximas ao núcleo. Este encóntrase a temperaturas en torno a 12 000 K —aproximadamente o dobre da temperatura da superficie do Sol—.
Por outro lado, e ao igual que Xúpiter e Neptuno, Saturno irradia máis calor ao exterior do que recibe do Sol. Unha parte desta enerxía está producida por unha lenta contracción do planeta que libera a enerxía potencial gravitacional producida na compresión. Este mecanismo denomínase mecanismo de Kelvin-Helmholtz. A calor extra xerada prodúcese nunha separación de fases entre o hidróxeno e o helio relativamente homoxéneos que se están a diferenciar dende a formación do planeta, liberando enerxía gravitacional en forma de calor.
Atmosfera miniatura|esquerda|200px|Emisións da temperatura de Saturno. A mancha quente da parte inferior da imaxe é o polo sur de Saturno. miniatura|esquerda|195px|Imaxe composta de falsa cor de Saturno feita pola Voyager 1 que resalta características das partes de Saturno. A atmosfera de Saturno posúe un patrón de bandas escuras e zonas claras similar ao de Xúpiter aínda que a distinción entre ambas as dúas é moito menos clara no caso de Saturno. A atmosfera do planeta posúe fortes ventos na dirección dos paralelos alternantes en latitude e altamente simétricos en ambos os dous hemisferios a pesar do efecto estacional da inclinación axial do planeta. O vento está dominado por unha intensa e ancha corrente ecuatorial ao nivel da altura das nubes que chegou a alcanzar velocidades de até 450 m/s na época dos Voyager. A diferenza de Xúpiter, non son aparentes grandes vórtices estábeis, aínda que si os hai máis pequenos.
É probábel que as nubes superiores estean formadas por cristais de amoníaco. Sobre elas parece estenderse unha néboa uniforme sobre todo o planeta, producida por fenómenos fotoquímicos na atmosfera superior —ao redor de 10 mbar—. A niveis máis profundos —preto de 10 bar de presión—, a auga da atmosfera podería condensarse nunha capa de nubes de auga que aínda non puido ser observada. miniatura|200px|Hemisferio norte de Saturno, visto pola sonda Cassini–Huygens. Ao igual que en Xúpiter, ocasionalmente fórmanse tormentas na atmosfera de Saturno, e algunhas delas puideron observarse dende a Terra. En 1933 observouse unha mancha branca situada na zona ecuatorial polo astrónomo afeccionado W.T. Hai. Era o suficientemente grande como para ser visíbel cun refractor de 7 cm, pero non tardou en disiparse e esvaecerse. En 1962 empezou a desenvolverse unha nova mancha, pero non chegou nunca a destacar. En 1990 púidose observar unha xigantesca nube branca no ecuador de Saturno que foi asimilada a un proceso de formación de grandes tormentas. Observáronse manchas similares en placas fotográficas tomadas durante o último século e medio a intervalos de aproximadamente 30 anos. En 1994 púidose observar unha segunda gran tormenta de aproximadamente a metade de tamaño que a producida en 1990.
A sonda Cassini puido captar varias grandes tormentas en Saturno. Unha das maiores tormentas, con raios 10 000 veces máis potentes que os de calquera tormenta da Terra, apareceu o día 27 de novembro de 2007, despois de durar 7 meses e medio —o que foi por un tempo o récord de duración dunha tormenta no Sistema Solar—. Esta tormenta apareceu no hemisferio S de Saturno, nunha zona coñecida como «quella das tormentas» pola elevada frecuencia coa que aparecen alí estes fenómenos. Este récord, porén, foi batido por outra tormenta aparecida na mesma zona, que foi detectada en xaneiro de 2009 e que a mediados de setembro aínda continuaba activa, durando até outubro dese ano. miniatura|250px|A enorme tormenta atopada en decembro de 2010 (foto da NASA).
Unha enorme tormenta, tan grande que rodeou o planeta, apareceu en decembro de 2010 no hemisferio N de Saturno desenvolvendo un vórtice central de cor escura de 5000 quilómetros de ancho similar á Gran Mancha Vermella de Xúpiter, sendo tan potente —moito máis que calquera tormenta terrestre— que dragou nubes de cristais de amoníaco das profundidades da atmosfera do planeta. Durante os aproximadamente 200 días que durou, sendo estudada con axuda da sonda Cassini e de telescopios terrestres, creceu e expandiuse até acadar unha área 8 veces superior ao da Terra, e puideron captarse as ondas de raio producidas polo aparato eléctrico asociado a ela.
As rexións polares presentan correntes en chorro a 78ºN e 78. As sondas Voyager detectaron nos anos 1980 un patrón hexagonal na rexión polar norte que foi observado tamén polo telescopio espacial Hubble durante os anos 1990. As imaxes máis recentes obtidas pola sonda Cassini mostraron o vórtice polar con gran detalle. Saturno é o único planeta coñecido que posúe un vórtice polar destas características se ben os vórtices polares son comúns nas atmosferas da Terra ou Venus.
No caso do hexágono de Saturno, os lados teñen uns 13 800 quilómetros de lonxitude —algo máis do diámetro da Terra— e a estrutura rota cun período idéntico ao da rotación planetaria, sendo unha onda estacionaria que non cambia a súa lonxitude nin estrutura, como fan o resto de nubes da atmosfera. Estas formas poligonais entre tres e seis lados puidéronse replicar mediante modelos de fluídos en rotación a escala de laboratorio.
Ao contrario que o polo norte, as imaxes do polo sur mostran a presenza dunha corrente de chorro, pero non vórtices nin ondas hexagonais persistentes. Porén, a NASA informou en novembro de 2006 que a sonda Cassini observara un furacán no polo sur, cun ollo ben definido. Ollos de tormenta ben definidos só foran observados na Terra —mesmo non se logrou observalo na Gran Mancha Vermella de Xúpiter pola sonda Galileo—. Ese vórtice, de aproximadamente 8000 quilómetros de diámetro, puido ser fotografado e estudado con gran detalle pola sonda Cassini, medíndose nel ventos de máis de 500 quilómetros por hora.
En abril de 2010, a NASA fixo públicos uns vídeos e imaxes nos que se pode apreciar o aparato eléctrico asociado ás tormentas que se producen na atmosfera de Saturno, a primeira vez que se consegue isto.
No 2026 o Telescopio Espacial Hubble proporcionou imaxes dunha estrutura decagonal na atmosfera arredor do polo sur do planeta.
Órbita Saturno xira arredor do Sol a unha distancia media de 1 418 millóns de quilómetros nunha órbita de excentricidade de 0,056, que sitúa o afelio a 1 500 millóns de km, e o perihelio a 1 240 millóns de km. Saturno achouse no perihelio en 1974. O período de translación arredor do Sol é de 29 anos e 167 días, mentres que o seu período sinódico é de 378 días, de modo que, cada ano, a oposición se produce con case dúas semanas de atraso respecto ao ano anterior. O período de rotación sobre o seu eixe é curto, de 10 horas e 14 minutos, con algunhas variacións entre o ecuador e os polos.