O pazo de San Román foi un pazo galego situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia de Saxamonde.
Descrición Na actualidade unicamente se poden ver algúns restos do que foi a construción orixinal. O único elemento arquitectónico que se conserva é a capela, edificio que na actualidade constitúe a igrexa parroquial de Saxamonde.
No pazo viviron persoeiros coma Luis Sarmiento de Valladares, marqués de Valladares, ou José Sarmiento de Valladares, vicerrei de Nova España.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Juan Manuel López-Chaves Meléndez e Grato Enrique Amor Moreno: Inventario Pazos y Torres de la provincia de Pontevedra (tomo I), p. 194. Deputación de Pontevedra, 1988. ISBN 84-86845-09-2.
Outros artigos Saxamonde, Redondela Ligazóns externas Arquitectura civil de Redondela. Anecdotario Redondelán.
San Román