San Martiño de Oca é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 482 habitantes (243 mulleres e 239 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 627 habitantes.

Xeografía Separada de Carballo polos ríos Grande e Rosende e de Sísamo polo Anllóns, a hidrografía cobra unha especial importancia nesta zona.

A parroquia está ben comunicada co resto das parroquias e cos centros comerciais e administrativos.

Patrimonio Ponte Lubiáns, sobre o río Rosende, construída durante a Romanización de Galicia e reformada na idade media. Nela hai un altar dedicado ao deus Cosus, protector das colleitas do agro.

Castro de Oca.

Igrexa parroquial de San Martiño de Oca. Venérase o Santísimo Sacramento, San Brais, a Virxe da Candelaria, a Virxe do Corpiño, Santa Lucía e o propio San Martiño.

Festas Na parroquia de Oca celébranse ao longo do ano numerosas festas, entre as que destacan:

Virxe da Candelaria (2 de febreiro) San Brais (3 de febreiro) Santo Antonio (13 de xuño) Virxe do Corpiño (1ª fin de semana de xullo) Santísimo Sacramento (2ª fin de semana de setembro) San Martiño, patrón de Oca (11 de novembro) Santa Lucía (13 de decembro)

Lugares e parroquias Lugares de Oca

Parroquias de Coristanco

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Coristanco

Ligazóns externas Oca na web do concello de Coristanco

Categoría:Parroquias de Coristanco Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño