Santo Adrán de Verdes é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 65 habitantes (27 mulleres e 28 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 1999 cando tiña 88 habitantes.

Patrimonio A paraxe natural Refuxio de Verdes é unha zona onde as augas do Anllóns se atopan cunha serie de pedras que alteran o seu curso, dando lugar a cascadas e rápidos que, xunto coa vexetación e as construcións existentes, enchen de encanto o lugar.

Convertido en zona de esparexemento grazas ó labor de restauración, podemos atopar neste antigo coto de pesca un gran número de muíños, que dan conta da cantidade de millo e trigo que se recollía nestas terras.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Verdes

Parroquias de Coristanco

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Coristanco

Ligazóns externas Verdes na web do concello de Coristanco

Categoría:Parroquias de Coristanco