San Vicenzo de Duio é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Fisterra. Segundo o IGE en 2018 tiña 321 habitantes (155 homes e 166 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 438 habitantes.

Patrimonio A igrexa parroquial comezouse a construír en 1669, ao pé dun castro. De estilo barroco, foi saqueada durante a invasión napoleónica e un incendio destruíu os arquivos parroquiais. Foi reconstruída no século XIX.

Ten planta de salón cun gran presbiterio rectangular e unha soa nave, dividida en catro tramos. A fachada remata cunha espadana construída en 1863. Na capela maior destaca un gran retablo, presidido pola imaxe de San Vicenzo, o patrón da parroquia de Duio.

Por esta parroquia pasa a 8ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.

Lugares e parroquias Lugares de Duio

Parroquias de Fisterra

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Fisterra

Categoría:Parroquias de Fisterra Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicenzo Categoría:Camiño dos Faros