Santiago Ramón y Cajal, nado en Petilla de Aragón (Navarra) o 1 de maio de 1852 e finado en Madrid o 17 de outubro de 1934, foi un médico español, especialista en histoloxía e anatomía patolóxica, autor da teoría neuronal pola cal foi distinguido co Premio Nobel de Medicina no ano 1906. Era irmán de Pedro Ramón y Cajal, tamén un importante histopatólogo.
Traxectoria Naceu en 1852 en Petilla de Aragón, un enclave navarro na provincia de Zaragoza onde residiu até os dous anos. Tivo unha infancia itinerante debido ó traballo do seu pai, Justo Ramón Casarús, que era médico e cirurxián. Viviu en varias poboacións navarras, como son Larrés, á que se mudou no ano 1854; Luna, no ano 1855; Valpalma, en 1856; e Ayerbe, na provincia de Huesca, cara 1860. Será neste último lugar onde comeza a vocación pictórica de Santiago.
En 1861, á idade de nove anos, comeza os seus estudos primarios nos Escolapios de Jaca, Huesca. Tres anos despois trasládase a Huesca para iniciar o Bacharelato. Nestes anos non demostra a súa xenialidade como estudante, na primaria debido ás súas múltiples confrontacións cos frades, e posteriormente por influencia do clima de axitación social que se vivía en España, pois o desterro de Isabel II e o alzamento da Primeira República coinciden xusto cando estaba a rematar os seus estudos de Bacharelato.
Universidade e comezo da súa investigación En 1869 comezou os estudos de preparación para a Facultade de Medicina de Zaragoza, na que entrará un ano máis tarde, á vez que toda a súa familia se traslada á capital con el. Xa comezou entón a destacar e foi nomeado Axudante de Disección na súa facultade.
Licenciouse á idade de 21 anos e pouco despois foi chamado a filas, e destinado á provincia de Lleida, entrando a formar parte do Corpo de Sanidade Militar como segundo médico. Un ano máis tarde foi destinado a Cuba, pero ó caer enfermo primeiro de paludismo, e máis tarde de disentería, tivo que regresar a España no ano 1875.
Este ano marcou o comezo da súa tese de doutoramento, ó mesmo tempo que foi nomeado axudante interino no Hospital Nuestra Señora de Gracia de Zaragoza. Foi neste tempo cando mercou o seu primeiro microscopio coa intención de crear un laboratorio de histoloxía en Zaragoza. Así, comeza a súa vocación científica.
No ano 1877 acada o título de Doutor en Medicina, e no ano seguinte se presenta ás súas primeiras oposicións, pero pouco despois cae enfermo de tuberculose. A convalecencia desta enfermidade a pasará en Panticosa e máis en San Juan de la Peña. Afortunadamente recupérase bastante rápido da súa enfermidade e no ano seguinte consegue a praza de Director de Museos Anatómicos de Zaragoza. Tamén en 1877 atópase documentado o seu ingreso na loxa masónica Caballeros de la Noche, pertencente ao Gran Oriente Lusitano, co número de membro 96 e o nome simbólico de Averroes, o médico andalusí.
Será tamén en 1879 cando teña lugar un momento moi importante para a vida persoal de Santiago Ramón y Cajal, o seu enlace con Silveria Fañanás, coa que terá seis fillos, o primeiro dos cales, unha nena chamada Fe, nace o ano seguinte, coincidindo coa publicación dos seus primeiros traballos.
En 1883 atinxe por oposición unha praza de Catedrático en Valencia e nace o seu segundo fillo, Santiago. En 1884 trasladouse a esta cidade, onde naceu a súa filla Enriqueta.
En 1885 e 1886 nacen, respectivamente, os seus fillos Paula e Jorge. É entón cando ten lugar en Valencia unha epidemia de cólera que será estudada e informada por Ramón y Cajal. A Deputación Provincial de Zaragoza agasállao cun novo microscopio e Santiago comeza cos traballos histolóxicos sobre o sistema nervioso central que máis adiante o levarán a acadar o Premio Nobel. Ó mesmo tempo prepara a publicación do seu Manual de Histoloxía.
En 1887 trasládase coa súa familia a Barcelona como Catedrático de Histoloxía Normal e Patolóxica.
O ano 1888 foi descrito polo propio Cajal como “o meu ano cumio”, xa que foi entón cando enunciou a teoría neuronal, o máis importante dos seus descubrimentos. Ademais comezou os seus estudos sobre o método de conexión entre células nerviosas e desenvolveu unha serie de tinguiduras propias específicas do sistema nervioso, que melloraban as do propio Golgi
En 1889 presenta os seus descubrimentos á Sociedade Anatómica Alemá nunha reunión celebrada en Berlín. Neste tempo comeza a publicar a Revista Trimestral de Histoloxía Normal e Patolóxica e incrementa os seus contactos con revistas internacionais, acadando recoñecemento a nivel mundial.
Nace o seu sexto fillo, Pilar, no ano 1890, e no ano seguinte a familia Ramón y Cajal pasará por un momento moi duro, a morte da súa filla Enriqueta ós sete anos de idade.
En 1892 nace o sétimo e último fillo, Luís, e neste mesmo ano trasládanse a Madrid, onde Santiago Ramón y Cajal atinxe un posto de Catedrático na Universidade Central de Madrid. Dous anos máis tarde e investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Cambridge.
Madurez e últimos anos. Éxito a nivel internacional A partir de 1895 comeza a recibir numerosos premios e títulos honoríficos: Doutor Honoris Causa polas Universidades de Cambridge, Boston e Harvard no ano 1899; o Premio Internacional de Moscova en París no ano 1900; ou a Medalla de Ouro de Helmholtz, outorgada pola Academia Imperial de Ciencias de Berlín, (1905), que significou moito para Cajal por ser un dos premios máis prestixiosos da época.
Ademais a súa obra será moi prolífica. En 1897 publica o primeiro dos sete fascículos cos que contará a súa obra cumio, Textura do sistema nervioso do home e os vertebrados. Os demais serán publicados nos anos 1898, o mesmo no que morre a súa nai; 1899; 1900; 1901; 1902 e 1904. No ano 1901 publica a revista Traballos do Laboratorio de Investigacións Biolóxicas e o libro Recordos da miña vida. Infancia e xuventude; e no ano seguinte publica A psicoloxía dos artistas.
No ano 1900 foi nomeado director do Instituto Nacional de Hixiene Afonso XII até 1920, e no ano seguinte créase o Laboratorio de Investigacións Biolóxicas, no que se asentará a Escola Histolóxica Española, da cal foi mentor o propio Cajal.
Será o 10 de decembro de 1906 cando reciba o premio Nobel de Medicina de mans do rei Óscar II de Suecia na Real Academia da Música de Estocolmo. Comparte este premio con Camillo Golgi, creador do método de tintura que foi usado tantos anos por Ramón y Cajal.
Morre o 17 de outubro de 1934 en Madrid, o mesmo ano en que sae publicada a súa obra O mundo visto ós oitenta anos. Impresións dun arteriosclerótico.
Postura social Sábese da súa sinatura a favor dos folguistas de Cullera contra a guerra.
Teoría neuronal miniatura|Ramón y Cajal no seu laboratorio. Santiago Ramón y Cajal pode ser considerado en certo modo como o pai da neurobioloxía moderna.
Cando comezou os seus estudos neurohistolóxicos, a comunidade científica consideraba como válida a teoría reticular de Gerlach, que tamén foi defendida por Golgi. Ademais, na década de 1830 fora publicada a teoría celular de Schleiden e Schwann, que definía a célula como a unidade fundamental da vida, coa excepción do cerebro, que se consideraba que funcionaba como un todo indivisible.
Cajal creou e mellorou diversas tinguiduras específicas para o sistema nervioso. Grazas a estes avances técnicos puido concluír os seus estudos e postular a súa teoría neuronal, que máis tarde o faría gañador do Nobel de Medicina de 1906. Esta teoría baséase en que a unidade morfofuncional do sistema nervioso é a neurona, rexeitando así a teoría da continuidade en favor da hipótese da contigüidade, que foi ratificada co descubrimento da sinapse. Estes principios teóricos foron confirmados experimentalmente en 1920, cando se demostrou que actividade eléctrica neuronal ten unha base química. Ademais, a teoría de Cajal contempla o cerebro como un sistema dinámico, introducindo termos como plasticidade neuronal ou rexeneración das células nerviosas e das súas prolongacións. Cajal anticipou a rexeneración neuronal, algo que non foi aceptado até fai moi pouco tempo, e demostrou dende o principio que as fibras que aparecían no cabo do nervio seccionado se orixinaban pola proliferación de fibras nerviosas ou axóns do cabo central. Estudou dexeneración neuronal grazas ó desenvolvemento do método do nitrato de prata reducido.
A teoría neuronal moi importante para o desenvolvemento das ramas neurocientíficas da medicina, bioloxía etc. Pero tamén foi a responsable da extensión da teoría celular.
Obra Científicos Reglas y consejos sobre la investigación biológica 1893 (discurso lido con ocasión da recepción do autor na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, o 5 de decembro de 1897). Histologie du système nerveux de l'homme et des vertébrés 1910-1911 (tradución do doutor L. Azoulay, con ampliación da obra orixinal, con 925 gravados orixinais, en negro e en cor). La fotografía de los colores: Fundamentos científicos y reglas prácticas 1912. Estudios sobre la degeneración y regeneración del sistema nervioso 1913-1914. Manual técnico de anatomía patológica 1918 (en colaboración co doutor Tello).
Memorias Recuerdos de mi vida 1901-1917 Tomo I. Mi infancia y juventud Tomo II. Historia de mi labor científica Charlas de café. Pensamientos, anécdotas y confidencias 1923 Houbo tres versións: Chácharas de café. Pensamientos, anécdotas y confidencias (1920); Charlas de café. Pensamientos, anécdotas y confidencias (1923); e Charlas de café. Pensamientos, anécdotas y confidencias (1932). Reeditouse en 1956 co título Charlas de café.
Artigos e monografías Investigaciones experimentales sobre la génesis inflamatoria, 1880. 1880 Observaciones microscópicas sobre las terminaciones nerviosas en los músculos voluntarios de la rana 1881. Estudios sobre el microbio vírgula del cólera 1885. Contribución al estudio de las formas involutivas y monstruosas del comabacilo de Koch 1885 Contribution a l' étude des cellules anastomosées des építhéliums pavimenteux stratifies, 1886 Estrutura de las fibras del cristalino 1886 Tejido óseo y coloración de los cortes de hueso 1887 I. Textura de la fibra muscular de los mamíferos II. Fibra muscular del ala de los insectos III. Músculos de las patas de los insectos Sobre los conductos plasmáticos del cartílago hialino 1887 Observations sur la texture des fibres musculaíres des pattes et des ailes des insects 1888 Estrutura de los centros nerviosos de las aves 1888 Morfología y conexiones de los elementos de la retina de las aves 1888 Terminaciones nerviosas de los husos musculares de la rana 1888 Textura de la fibra muscular del corazón 1888 Sobre las fibras nerviosas de la capa molecular del cerebelo 1888 Estructura de la retina de las aves (continuación) 1888. Nota sobre la estructura de los tubos nerviosos del órgano cerebral eléctrico del torpedo 1888 Estructura del cerebelo 1888 Coloración por el método de Golgi de los centros nerviosos de los embriones de pollo 1889 Nota preventiva sobre la estructura de la médula embrionaria 1889. Dolores del parto considerablemente atenuados por la sugestión hipnótica 1889 Estructura del lóbulo óptico de las aves y origen de los nervios ópticos 1889 Contribución al estudio de la estructura de la médula espinal 1889 Sobre las fibras nerviosas de la capa granulosa del cerebelo 1889 Conservación de las preparaciones de microbios por desecación 1889 Sur l'origine et la direction des prolongations nerveuses de la couche moléculaire du cervelet 1889 Sur la morphologie et les conexions des éléments de la rétine des oiseaux 1889 Nuevas aplicaciones del método de coloración de Golgi 1889 Conexión general de los elementos nerviosos 1889 Sur l'origine et les ramifications des fibres nerveuses de la möelle embryonaire 1890 Sobre ciertos elementos bipolares del cerebelo y algunos detalles más sobre el crecimiento y evolución de las fibras cerebelosas 1890