Pierre Curie, nado en París o 15 de maio de 1859 e finado na mesma cidade o 19 de abril de 1906, foi un físico francés, pioneiro no estudo da radioactividade. Casado con Marie Curie, foi pai da tamén científica Irene Curie (os tres, premios Nobel) e da escritora e pianista Ève Curie.
Traxectoria Obtivo o premio Nobel de Física coa súa muller Marie Curie, outra famosa física, en 1903 en recoñecemento dos extraordinarios servizos prestados en conxunto nas súas investigacións sobre a radiación descuberta polo profesor Henri Becquerel.
Descubriu a piezoelectricidade en 1880, estudou o magnetismo, e enunciou en 1894 o principio universal de simetría: as simetrías presentes nas causas dun fenómeno físico tamén se atopan nas súas consecuencias.
Morreu a raíz dun accidente en 1906, ao ser esmagada a súa cabeza polas rodas dun carro. Iso evitou seguramente a morte por efectos da radiación que agardou á súa muller posteriormente.
Véxase tamén Lei de Curie
Lei de Curie-Weiss
Temperatura de Curie
Ligazóns externas Nobel de Física
Categoría:Nados en París Categoría:Físicos de Francia Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Medalla Davy Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1906 Categoría:Premios Nobel de Francia Categoría:Finados en accidente de tráfico Categoría:Marie Curie