O mar Tirreno ( , , , , , ) forma parte do mar Mediterráneo que baña o oeste da costa de Italia. É chamado así nomeado polos pobos tirrenos, identificados desde o século VI aC cos etruscos de Italia.
Xeografía O mar está rodeado polas illas de Córsega e Sardeña (ao oeste), a península italiana (rexións de Toscana, o Lacio, Campania, Basilicata e Calabria, no leste) e pola illa de Sicilia (ao sur). O mar Tirreno tamén inclúe unha serie de pequenas illas como Capri, Elba e Ustica. miniatura|Costa de Amalfi, Positano miniatura|Orosei, Sardeña
A profundidade máxima do mar é de 3.785 m.
O Mar Tirreno está situado preto de onde se atopan as placas africana e eurasiática, polo tanto, as cadeas de montañas e as illa teñen os volcáns activos, como o Monte Marsili, nas súas profundidades ou como o da illa de Stromboli. As oito illas eólicas e Ustica están situadas na parte sur do mar, ao norte de Sicilia. Os ventos predominantes son o Mistral, procedente do val do Ródano, Libeccio do suroeste, e Siroco (Scirocco) e Ostro dende o sur.
Extensión A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar Tirreno como segue: No estreito de Messina: unha liña que une o extremo norte do Cabo Paci (15°42′ E) co extremo leste da illa de Sicilia, Cabo Peloro (38°16′ N) . No suroeste: unha liña que discorre desde o cabo Lilibeo (extremo occidental de Sicilia) ata o extremo sur do Cabo Teulada (8°38′ E) en Sardeña. No estreito de Bonifacio: liña que une o extremo oeste do Cabo Testa (41°14′ N) en Sardeña co extremo suroeste do Cabo Feno (41°23′ N) en Córsega. No norte: unha liña que se une a Cabo de Córsega (Cabo Grosso, 9°23′ E) en Córsega, coa illa Tinetto () e desde alí polas illas de Tino e Palmarias cara a punta San Pietro () na costa de Italia.
Nome O seu nome deriva do nome grego para os Etruscos, que se dixo que eran emigrantes de Lidia e liderados polo príncipe Tyrrhenus. Os etruscos instaláronse ao longo da costa da Toscana moderna e referíronse á auga como o "mar dos etruscos".
Galería de imaxes
Véxase tamén
Categoría:Mares do Mar Mediterráneo