miniatura|Recipiente con indicacións do volume de contido líquido até 1 litro. miniatura|Probeta de laboratorio con capacidade dun litro. Un litro é unha unidade de volume equivalente a un espazo de 1 dm³ (1000 cm³). O seu símbolo é l, se ben en moitas ocasións se usa L para distinguir entre 'l' e '1' nalgunhas grafías, sendo aceptado o seu uso.
Porén, a unidade de volume do Sistema Internacional de Unidades (SI) é o metro cúbico (m³), e o litro equivale a unha milésima de metro cúbico. O símbolo L foi adoptado en 1979 na 16a Conferencia Xeral de Pesos e Medidas. Aínda que non é unha unidade de medida do Sistema Internacional, o SI acepta o seu emprego, se ben recomenda a utilización das unidades do SI no campo da ciencia.
Trátase dunha unidade moi empregada na vida diaria e adoita usarse xunto con unidades do SI, tal e como se fai actualmente coas unidades da hora e do día.
Un litro de auga líquida ten unha masa de case exactamente un quilogramo, xa que o quilogramo foi definido orixinariamente en 1795 como a masa dun decímetro cúbico de auga á temperatura de fusión do xeo. Definicións posteriores do metro e do quilogramo fixeron que esta relación deixara de ser exacta. Tradución ao galego: Gramo, o peso absoluto dun volume de auga pura igual ao cubo da centésima parte do metro, e á temperatura de fusión do xeo (art. 5).
Etimoloxía
O nome da unidade deriva dunha antiga unidade de volume francesa, o litron, que evolucionou a través da unidade medieval litra (do latín). Este último termo provén á súa vez da litra como unidade grega de masa —onde era unha unidade de peso, non de volume— que equivale a 12 onzas (onkia). O sistema métrico francés tomou o litro como unidade básica na creación dun sistema propio de medidas. Historia Invención e evolución da medida
miniatura|200px|O suízo Charles Edouard Guillaume, director da Oficina Internacional de Pesos e Medidas dende 1915 ata 1936. A orixe do litro ten lugar trala unificación de medidas propulsada durante a Revolución Francesa pola Asemblea Constituínte de 1791. Esta unificación foi debida á gran diversidade de medidas que daquela había. O litro apareceu por vez primeira como medida de capacidade na lei do 18 germinal an 3 (7 de abril de 1795), definido en función do metroO texto orixinal era: Litre, la mesure de capacité, tant pour les liquides que pour les matières sèches, dont la contenance sera celle du cube de la dixièrne partie du mètre (art. 5). como "a medida de volume, tanto para líquidos como para sólidos, dun cubo de aresta igual a unha décima parte dun metro" (art. 5).
No ano 1879, o Comité Internacional de Pesos e Medidas adoptou o litro e a súa abreviatura, a l minúsculaBIPM:Unidades que non son do SI, mais son aceptadas para o seu emprego polo SI . En 1901, a terceira Conferencia Xeral de Pesos e Medidas definiu o litro como "o volume ocupado pola masa dun quilogramo de auga pura na súa máxima densidade e baixo presión atmosférica normal", isto quería dicir: auga pura a 1 atm e a unha temperatura lixeiramente por enriba de 3,98 °C.Definición do litro na Resolución número 1 da 3ª reunión da CGPM en 1901. O litro era, segundo esta definición, equivalente a 1.000028 dm³ (inicialmente 1.000027 dm³), aceptando deste xeito a discrepancia detectada segundo a definición co centímetro cúbico.
Máis tarde, especificouse que 4 °C sería a temperatura que serviría como punto de referencia da densidade da auga, cunha densidade da auga pura lixeiramente inferior a 1,0000 kg/litro.
Un dos investigadores que comprobou as desviacións da medida do litro con estes cambios foi o físico Charles Edouard Guillaume, que en 1904 probou experimentalmente que a densidade da auga a 4 °C era de 1.000028 dm³.
Finalmente, a causa da complexa definición do litro, no ano 1964 vaise recuperar a definición de 1793, na 12a reunión do CGPMResolución número 6 da 12a reunión da CGPM de 1964 derrogando a definición do litro, establecendo que o litro é un nome especial para o decímetro cúbico e recomendando non empregar esta unidade en medidas de precisión. tras constatarse en 1960 que había unha diferenza de 28 millonésimas con respecto ó decímetro cúbicoResolución número 13 da 11a reunión da CGPM de 1960 constatando a diferenza entre o litro e o decímetro cúbico., o litro pasou a ser só un nome especial para o decímetro cúbico.
Distintos símbolos usados para representar o litro
Orixinariamente o único símbolo para o litro era l (L minúsculo), seguindo a convención do Sistema Internacional de que só as unidades que abrevian un nome de persoa empregan como símbolo unha letra maiúscula. Porén, en moitos lugares, a forma máis común do díxito arábigo manuscrito 1 é unicamente un trazo vertical e polo tanto o algarismo "1" pode ser confundido coa letra "l". Ademais, nalgunhas máquinas de escribir antigas a tecla do L era empregada tamén para o numeral 1. Mesmo nalgunhas fontes informáticas os dous caracteres son apenas distinguibles. Isto causou problemas, especialmente na comunidade médica.
Antes de 1979, o símbolo ℓ (l pequeno manuscrito, U+2113), fíxose de uso común en varios países; por exemplo, era recomendado pola publicación M33 da South African Bureau of Standards en Suráfrica na década de 1970, e pode atoparse aínda nalgúns países de fala inglesa. O seu uso é ocasional nalgúns países europeos, e habitual no Xapón e Corea do Sur. Algunhas fontes non só empregan o carácter ℓ senón que tamén o usan en caracteres compostos: ㎕, ㎖, ㎗ e ㎘ (do U+3395 ao U+3398) para o microlitro, mililitro, decilitro e quilolitro. Noutros países como Canadá, recomendaban utilizar a minúscula ℓ sempre que fose posíbel, ou por defecto, cando non houbera confusión co número 1. Este uso entra en contradición coas principais organizacións internacionais (ISO, NIST, NPL, IAU, IUPAC e IUPAP), que establecen que os símbolos deben imprimirse en tipografía romana independentemente da fonte empregada no resto do texto. Na actualidade, este símbolo non se emprega na maioría dos países e nunca foi recoñecido pola CGPM nin pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO).
Na 16a reunión do CGPM celebrada en 1979, decidiuse utilizar tanto a abreviatura en minúscula l como a L maiúscula para evitar confusións entre a letra e o número 1,Resolución número 6 da 16a reunión do CGPM de 1979 ou coa letra "i" maiúscula. Aínda que había a intención de restrinxir nun futuro a abreviatura a un dos dous símbolos, esta dualidade persiste na actualidade. O Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST) dos Estados Unidos recomenda o emprego deste símbolo,Non-SI units accepted for use with the SI by the CIPM – NIST práctica estendida tamén no Canadá e Australia. Nestes países tamén se emprega o símbolo L con prefixos, como en mL e μL, en lugar dos tradicionais ml e μl. No Reino Unido e Irlanda, así como no resto de Europa, a letra minúscula l adoita empregarse con prefixos, mentres que os litros completos a miúdo aparecen coa palabra completa (é dicir, "750 ml" pero "1 litro" en recipientes de líquidos). A L maiúscula é a que se utiliza na práctica.
Hoxe en día non hai razón técnica algunha para esta excepción na nomenclatura dos sistemas de medidas, xa que nos sistemas de escritura informáticos é doada a utilización de sistemas de codificación máis distinguíbeis. Porén, en 1990, o CIPM considerou que aínda era demasiado pronto para elixir un único símbolo para o litro.
Múltiplos e submúltiplos miniatura|xiringa con medida en ml, un dos submúltiplos do litro máis empregados. Ós múltiplos e submúltiplos do litro aplícanselles os prefixos do Sistema Internacional de Unidades. O máis utilizado é o mililitro, que equivale a unha milésima parte dun litro. Na seguinte táboa atópanse os múltiplos e submúltiplos do litro coas súas respectivas equivalencias en volume. É destacábel que tanto os múltiplos como os submúltiplos aumentan e diminúen respectivamente nunha orde de magnitude en base dez. Os de uso máis frecuente están marcados en negra.
Múltiplo NomeSímbolosVolume equivalente Submúltiplo NomeSímbolosVolume equivalente 100 L litro l Ldm³decímetro cúbico 101 L decalitro dal daL 10−1 L decilitro dl dL 102 L hectolitro hl hL 10−2 L centilitro cl cL 10³ L quilolitro kl kLm³metro cúbico 10−3 L mililitro ml mLcm³centímetro cúbico (cc) 106 L megalitro Ml MLdam³decámetro cúbico 10−6 L microlitro µl µLmm³milímetro cúbico 109 L xigalitro Gl GLhm³hectómetro cúbico 10−9 L nanolitro nl nL106 µm³1 millón de micrómetros cúbicos 1012 L teralitro Tl TL km³quilómetro cúbico 10−12 L picolitro pl pL10³ µm³1 millar de micrómetros cúbicos 1015 L petalitro Pl PL10³ km³1 millar de quilómetros cúbicos 10−15 L femtolitro fl fLµm³micrómetro cúbico 1018 L exalitro El EL106 km³1 millón de quilómetros cúbicos 10−18 L attolitro al aL106 nm³1 millón de nanómetros cúbicos 1021 L zettalitro Zl ZLMm³megámetro cúbico 10−21 L zeptolitro zl zL10³ nm³1 millar de nanómetros cúbicos 1024 L yottalitro Yl YL10³ Mm³1 millar de megámetros cúbicos 10−24 L yoctolitro yl yLnm³nanómetro cúbico
Mililitro miniatura|Dosificador en cm³. O mililitro, de símbolo ml, ou o que é o mesmo, un centímetro cúbico de símbolo cm³, é unha unidade de volume que equivale a unha millonésima parte dun metro cúbico. É o volume ocupado por un cubo que ten as arestas dun centímetro de lonxitude. Ás veces tamén se abrevia (incorrectamente) como cc (sobre todo no eido automobilístico) e como ccm.
Aínda que non é unha unidade de medida do Sistema Internacional, é unha unidade moi empregada na ciencia. A unidade de medida do volume no SI é o metro cúbico (m³). É a unidade base de volume no antigo sistema de medidas CGS.
1 mililitro = 1 centímetro cúbico = 0,1 cl 1 mililitro = 1 centímetro cúbico = 0,01 dl 1 mililitro = 1 centímetro cúbico = 0,001 litros 1 mililitro = 1 centímetro cúbico = 0,000 001 m³
Centilitro O centilitro (abreviado cL) é o segundo submúltiplo do litro. Trátase dunha orde de magnitude que foi usada, nalgúns casos, para medir pequenos consumos, como os da auga en caso de perdas, ou ben o consumo de combustíbel nalgúns vehículos. Con todo, a súa utilización depende da orde de magnitude das cantidades volumétricas que se describen.
Decilitro O decilitro (abreviado dL) é o primeiro submúltiplo do litro. Adóitase empregar para taxas de contido de substancias en análises médicos, dando os resultados en cantidades por decilitro de sangue.
Decalitro O decalitro (abreviado daL) é unha unidade para líquidos que a súa medida equivale a dez litros. Non adoita utilizarse na vida cotiá.
Hectolitro miniatura|Construción dun tanque de 100 qL para recoller auga dos tellados das casas e aproveitala na xardinaxe. O hectolitro (abreviado hL) é unha unidade para líquidos cuxa medida equivale a cen litros. Utilízase habitualmente na industria de bebidas.
Quilolitro O quilolitro (abreviado qL) é unha unidade de medida para líquidos cuxa medida equivale a mil litros. Emprégase para medir ou dar resultados de grandes cantidades de auga como a que se pode atopar en encoros, ríos, lagoas, lagos, mares ou océanos.
Equivalencias co litro das medidas tradicionais galegas de capacidade para líquidos Na seguinte táboa amósanse os valores en litros das medidas tradicionais galegas de capacidade de líquidos. Tamén aparecen as variantes do nome principal, e os nomes de medidas homónimas en portugués e en castelán, se os houbese. Cando as medidas portuguesa e castelá non coincidan en valor coa galega, indícase entre paréntese o seu valor, exacto ou aproximado, en litros.