Dario Fo, nado en Sangiano o 24 de marzo de 1926 e finado en Milán o 13 de outubro de 2016, foi un actor, director e escritor de teatro italiano. As súas obras de teatro son de tipo cómico-satírico. Foi Premio Nobel de Literatura no ano 1997. Coñecido polos seus compromisos políticos, Dario Fo é un dos dramaturgos italianos máis representados no mundo con Goldoni. miniatura|dereita|220px|Dario Fo. Traxectoria Fillo de Felice Fo e de Pina Rota, coñecidos polas súas actividades antifascistas. Foi voluntario con 17 anos, en 1943, como paracaidista da República de Salo.

Estudou na Academia de Belas Artes de Brera en Milán arquitectura e escenografia. Comezou a súa carreira teatral como actor e escritor de obras teatrais satíricas. En 1954, Fo casou coa actriz Franca Rame, con quen fundou en 1959 a compañía teatral Dario Fo - Franca Rame. Ambos fundaron o colectivo teatral Nuova Scena e posteriormente A Comuna (1970). Nos anos 60 as súas obras para a televisión adoitaban ser censuradas, razón pola cal volveu ao mundo do teatro.

No 2002 publicou a súa autobiografía O país dos morcegos.

Ideas As ideas de Fo están na contorna da esquerda política italiana. Escribiu acedas sátiras políticas arremetendo sen piedade contra o poder político, o capitalismo, a mafia e o Vaticano.

Obra Fresca rosa olorosísima (1969) Morte accidental dun anarquista (1970) O templo dos homes libres (2004) Misterio Bufo (conxunto de obras)

Véxase tamén Outros artigos Teatro Commedia dell’arte Carlo Goldoni

Ligazóns externas Páxina dunha biografía de Dario Fo. Artigo de El País, 4 de outubro de 2007.

Categoría:Dramaturgos de Italia Categoría:Anarquistas de Italia Categoría:Actores de teatro de Italia Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Escritores de Italia Categoría:Nados en 1926 Categoría:Nados na provincia de Varese Categoría:Finados en 2016 Categoría:Premios Nobel de Italia