Leiria é unha cidade portuguesa, situada na rexión Centro e subrexión do Rexión de Leiria, con aproximadamente 65 000 habitantes,Nuno Pires Soares (2021): Uma população que se urbaniza. Uma avaliacção recente. Cidades, 2004. Instituto Geográfico Português . capital do concello e do distrito de Leiria.
Foi fundada como vila en 1135, recibindo o primeiro foro de Afonso Henriques, o primeiro rei de Portugal, en 1142, baixo o nome de Leirena.
É sede dun municipio con 565,1 km² de superficie e 128.640 habitantes (INE, 2021), subdividido en 18 freguesías.
Ten un clima temperado marítimo, chuvioso, con temperaturas suaves. Experimentou un notábel crecemento demográfico, do 271,2 % con respecto a 1960, así como tamén un acusado envellecemento da súa poboación, aínda que inferior ao da poboación do distrito. Nas últimas décadas, Leiria coñeceu un importante desenvolvemento industrial e cultural, coa creación de escolas e institutos de ensinanza superior que atraen a un gran número de estudantes, incluso doutros distritos.
A poboación activa da cidade traballa maioritariamente en actividades do sector terciario (70,4 %) e secundario (18,6 %). En 2021 tiña 65.000 residentes, repartidos en sete freguesías: Marrazes, Leiria, Pousos, Parceiros, Barreira, Barrosa e cortes.
A cidade está bañada polos ríos Lis e Lena, sendo o castelo de Leiria o seu monumento máis notábel.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cidades de Portugal Categoría:Concellos do distrito de Leiria