Rafael Sáez Pérez é un exfutbolista español. Xogaba de porteiro.

Traxectoria Na tempada 1960–61 foi porteiro do Deportivo da Coruña, en Segunda División. Adestrado por Jesús Barrio, foi o porteiro con máis partidos (17), por diante de Juan Emery (11) e Moncho Parada (3). Ese ano o conxunto coruñés logrou o terceiro posto (detrás do Osasuna e Celta de Vigo) a catro puntos do ascenso.

Na tempada 1961–62 fichou polo Albacete, onde tamén foi o porteiro con máis partidos (17), diante do galego Sansón (14). Ese ano o equipo manchego descendeu a Terceira División, logo de xogar a permanencia.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Futbolistas de España Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en Pontevedra