Adolfo Lahorra Tello, nado ca. 1869 en Cartaxena,"Sentencia" Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago: Año LIV Número 2128 - 10 Abril 1915. foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Foi redactor de La Unión Republicana de Pontevedra até outubro de 1893 e colaborou en Extracto de Literatura. Trasladouse a Vigo a finais de abril de 1894 para dirixir La RepúblicaEl Anunciador, 29-4-1894, p. 2., despois dirixiu Canta Claro e Galicia Agrícola, Comercial e Industrial; tamén foi redactor de Faro de Vigo. En novembro de 1900 integrouse como redactor en La Unión NacionalDiario de Pontevedra, 3-11-1900, p. 3.. En 1902 fíxose cargo da dirección de La Mañana da CoruñaDiario de Pontevedra, 6-3-1902, p. 3.. Despois dirixiu Diario Ferrolano, El Eco de Galicia, Tierra Gallega (de 1910 a 1914) da Coruña e El Faro de Ferrol (de 1914 a 1915). Marchou a Madrid e en 1917 dirixiu o semanario satírico Caras sin caretas.Gaceta de Galicia, 16-3-1917, p. 2. É autor da revista Entre moros y cristianos e do apropósito ¡Todo el año es Carnaval!.

Obras Entre moros y cristianos. Revista cómico lírica en un acto y dos cuadros, 1894.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Cartaxena