A night at the Opera é o noveno álbum oficial do grupo alemán Blind Guardian. Foi editado e publicado no 2002. Foi producido por Charlie Bauerfeind, e gravouse no estudo de gravación Twilight Hall Studios, en Grefrath.

Características Neste álbum o grupo engadiu instrumentación, coros e arranxos máis complexos nos temas. A crítica e os fans recibiron cunha certa dose de escepticismo o novo traballo. Destacan temas como "And then there was Silence", de máis de 14 minutos de duración e baseada na guerra de Troia, ou "Battlefield".

A temática do álbum variou un pouco en relación ós traballos anteriores. Segue a haber cancións inspiradas na fantasía medieval como "The Soulforged", mais tamén aparecen desta vez varios temas inspirados na tradición cristiá como "Precious Jerusalem", "Sadly Sings Destiny" ou "Age of False Innocence".

Inclúe colaboracións de The Choir Company, Oliver Holzwarth, Mathias Wiesner e Michael Schüren.

Lista de temas "Precious Jerusalem" (6:21) "Battlefield" (5:37) "Under the Ice" (5:44) "Sadly Sings Destiny" (6:04) "The Maiden and the Minstrel Knight" (5:30) "Wait for an Answer" (6:30) "The Soulforged" (5:18) "Age of False Innocence" (6:05) "Punishment Divine" (5:45) "And then there was Silence" (14:05)

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio Web Oficial de Blind Guardian Os discos de Blind Guardian

Categoría:Álbums de Blind Guardian Categoría:Álbums musicais de 2002 Categoría:Álbums de Virgin Records