Solidaridad foi un semanario editado na Coruña entre 1935 e 1936.
Historia e características Apareceu en xuño de 1935 para substituír a Solidaridad Obrera. Foi voceiro da Confederación Regional Galaica da CNT. Dirixido por José Prego, despois foi substituído por Jaime Baella. Na Fronte Popular chegou a tirar 7.000 exemplares. Contaba con seccións dedicadas ao campo e ao mar. Publicou artigos e colaboracións de Rudolf Rocker, Diego Abad de Santillán e Jacinto Toryho e dos cadros da CNT galaica Claro José Sendón, Jacinto Méndez, Vicente Díaz Veiga, Juan Expósito e Emilio Novás. Cesou a súa publicación en xullo de 1936.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Prensa anarquista de Galicia Categoría:CNT Categoría:1935 en Galicia