dereita|miniatura|Pendellos da feira en San Ramón. San Xoán de Moeche é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Moeche. Segundo o IGE en 2018 tiña 353 habitantes (190 mulleres e 163 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 415 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Patrimonio

Igrexa parroquial de San Xoán de Moeche, está datada do século XIX. Peto de ánimas na igrexa parroquial de San Xoán. Labrado en madeira, créese que é orixinal do século XVIII. Capela de San Ramón. É un pequeno templo de estilo barroco con planta rectangular dunha soa nave, presbiterio e sancristía, situado en San Ramón, parroquia de San Xoán de Moeche. No seu interior destacan os arcos de medio punto apoiados sobre pilastras, que soportan seu teito de madeira, e a imaxe de San Ramón, situada no oco central do retablo barroco do seu altar maior. Na entrada de dita capela encóntrase un cruceiro datado de finais do século XIX. Castro de Forxao. Este castro tamén chamado "A Costeira", é de planta rectangular, e encóntrase protexido por unha muralla e por un terraplén que circunda a muralla (este é tamén o sistema de defensa do castelo de Moeche), a parte accesible do castro encóntrase en bo estado de conservación.

Feiras En San Xoán de Moeche celébranse dúas feiras ao mes, os días 11 e 23 no campo da feira.

O 23 de abril de cada ano ten lugar unha feira no campo de San Ramón de Moeche, onde tamén hai carreiras de cabalos.

Festas San Ramón: celébrase na capela de San Ramón o 31 de agosto de cada ano, aínda que desde algúns anos non se celebra por falta de actividade por parte dos veciños. San Xoán: na capela de San Xoán o 24 de xuño de cada ano, aínda que desde algúns anos tampouco se celebra por falta de veciños colaboradores. Balocos: Festa celebrada todos os anos en setembro, empezou a facerse hai pouco tempo xa que antes celebrábase a festa de Balocos conxuntamente coa de San Ramón.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Xoán de Moeche

Parroquias de Moeche

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Moeche

Categoría:Parroquias de Moeche Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán