miniatura|Contrabandistas na costa inglesa.Cadro de Georges Morland, 1792. O contrabando é a entrada, a saída e a venda clandestina de mercadorías prohibidas ou sometidas a dereitos nos que se defrauda ás autoridades locais.contrabando no dicionario da RAG.
Tamén se pode entender como a compra ou venda de mercandorías evadindo os aranceis.
Conduta humana A conduta humana denominada contrabando inscríbese no marco do dereito penal económico. A economía das nacións necesita ter control sobre as súas importación e exportacións, por canto fai á vida dun país. Desta forma, considérase que comete contrabando aquel que exerce accións ou omisións, mediante unha conduta engañosa, co obxecto de lograr que determinada mercadoría eluda o control do servizo aduaneiro.
Galicia
En Galicia foi famoso o contrabando na raia con Portugal, destacando, na posguerra, o de café, cobre e mesmo bacallau; durante a segunda guerra mundial, o de wolfram e, en tempos máis modernos, o de gando vacún. Por outra parte, cabe destacar no último terzo do século XX, o de tabaco que, posteriormente, derivou ao narcotráfico.
Actualidade miniatura|Edificio da alfándega na Raia entre Galicia e Portugal, que deixou de ter uso en 1992 ao adoptaren España e mais Portugal o Acordo de Schengen. Na actualidade, a desaparición de moitos monopolios estatais e a apertura de fronteiras á práctica totalidade dos produtos e ao liberalizatse gran parte dos mercados reduciu a incidencia e relevancia desta figura xurídica en moitos países do mundo.
Porén, o contrabando aínda adoita darse en produtos regulados por monopolios estatais e máis concretamente naqueleos fortemente gravados fiscalmente, o que implica que haxa unha gran diferenza entre o prezo económico real e o prezo final de mercado do produto. Esta diferenza é a que orixina a marxe que converte en atractivo o delito. Os casos máis comúns son os hidrocarburos e o tabaco, así como o alcohol, aínda que este en menor medida.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Mercado negro Tráfico de drogas Tráfico de influencias Tráfico de animais Tráfico de persoas Tráfico de mulleres Tráfico de nenos Tráfico negreiro Tráfico de armas Tráfico de órganos Tráfico de sangue
Categoría:Comercio Categoría:Delitos