200px|miniatura|Viñas en Sovići. O viño de Bosnia e Hercegovina é o viño producido en Bosnia e Hercegovina. Este país é membro da Organización Internacional da Viña e do Viño desde o 12 de novembro de 2010.
Orixe Segundo determinou nunha investigación do xeógrafo francés Henri Enjalbert, as viñas cultivadas ao sur da Dalmacia parece ser o último refuxio da vide europea trala idade do xeo, canda as de Albania e as illas Xónicas.
Viña actual As viñas de Bosnia e Hercegovina foron severamente afectadas pola guerra de Bosnia (1992-1995), especialmente as concentradas na rexión de Mostar. Ao longo do val do Neretva, pequenas e grandes viñas foron plantadas en solo pedregoso que reflicte a luz solar. Algunhas das súas variedades indíxenas como a Zilavka e a Blatina son elementos fundamentais do patrimonio vitícola en todo o mundo.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Cultura de Bosnia e Hercegovina Categoría:Viños por país