Mi Tierra foi un semanario editado en Vilagarcía de Arousa en 1897.

Historia e características Subtitulado Revista científico-literaria y de intereses generales, apareceu en febreiro de 1897.El Lucense, 5-2-1897, p. 3. Periódico semanal redactado en castelán e galego dirixido por Lisardo Rodríguez Barreiro, que tiña como administrador a Manuel del Río Candamo. Publicou poemas e narracións do director e de Nicolás Taboada Fernández, Alfredo Brañas, Luis A. Mestre, Francisco Romero Blanco, J. M. M. Rodríguez Vázquez, Eladio Rodríguez González, Benito Losada Astray, Alfredo Vicenti, Juan Barcia Caballero e Francisco Añón. Permaneceu na rúa polo menos até abril de 1897.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Vilagarcía de Arousa Categoría:1897 en Galicia