The Forest é un videoxogo de supervivencia e terror en primeira persoa desenvolvido por Endnight Games para Windows. A versión en alpha do xogo lanzouse o 30 de maio de 2014.
Sinopse En The Forest, o xogador debe sobrevivir nunha illa arbolada despois de converterse no único supervivente dun accidente de avión. Para logralo deberá crear construcións, armas e outros útiles de supervivencia. Os habitantes da illa son unha tribo de mutantes caníbales nocturnos, que viven nas cavernas da illa. Mentres que non son sempre hostís co xogador, o seu comportamento habitual é agresivo. Porén, os creadores do xogo quixeron que o propio xogador se preguntase se a tribo caníbal é a inimiga do xogador, ou vice versa.
Desenvolvemento The Forest inspirouse en filmes de culto como The Descent e Cannibal Holocaust e en videoxogos como Minecraft e Don't Starve, e foi aceptado como parte do Steam Greenlight en 2013. Os desenvolvedores de Endnight Games comentaron que Disney foi unha inspiración para o xogo, xa que non querían que fose completamente "escuro e deprimente". O xogo está a ser adaptado para que sexa compatible co dispositivo de realidade virtual Oculus Rift. O equipo está a considerar un modo de multixogador.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Videoxogos de 2014 Categoría:Videoxogos de mundo aberto Categoría:Videoxogos de supervivencia Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Canadá