300px|miniatura|Femia adulta dun blenoideo cun cirro supraorbital. Cirro é un termo utilizado en bioloxía e zooloxía para referirse a diversas estruturas delgadas que sobresaen do corpo de vertebrados, invertebrados e algúns protozoos. Algúns exemplos son os seguintes:

Invertebrados Na Fasciola hepatica o cirro é o pene muscular do verme, que cando non se usa está dentro dun saco do cirro ou bolsa situado preto da cabeza do animal. En varias especies de Taenia existe unha estrutura similar. Nos poliquetos Nereidae, o termo cirro refírese aos procesos tentaculares ou crecementos que presentan en cada parapodio, e distínguese o cirro dorsal e o cirro ventral, e non ten nada que ver coa reprodución.páx. 431 Noutros poliquetos, un cirro é un crecemento tentacular próximo á cabeza ou notopodio, que contén órganos sensoriais e pode ser dorsal, ventral, ou lamelar. Nalgúns nemertinos denomínase cirro caudal a un pequeno crecemento con forma de febra situado no extremo posterior do verme. Nos equinodermos crinoideos e nos crustáceos cirrípedes (percebes) o cirro é un apéndice para a alimentación e agarre delgado e longo. Nos tamén crinoideos lirios de mar os cirros son delgadas febras que ás veces tapizan o talo do animal, e teñen tamén cirros nos tentáculos. No cefalópodo náutilo, os tentáculos do animal están compostos dun cirro flexible delgado e a súa correspondente vaíña do cirro endurecida e protectora, dentro da cal se retraen os cirros.

Vertebrados Nos peixes blenoideos Chaenopsidae, o cirro é un longo crecemento que se estende desde a parte superior do ollo (cirro supraorbital) ou que se estende por debaixo da rexión posterior da cabeza (cirro nucal).

Microorganismos Nos protozoos ciliados chámanse cirros aos grupos de cilios unidos en penachos que presentan en distintas partes da súa superficie. O tipo, número e posición dos cirros son características distintivas importantes na taxonomía destes microorganismos.

Notas

Categoría:Termos zoolóxicos